Unha pequena cociña familiar onde conviven unha trona e o estilo
Presentámosche a cociña minimalista que se adapta á vida familiar e ás túas grandes aspiracións culinarias, capaz de xestionar sen problemas biberóns e unha boloñesa ao lume ao mesmo tempo. As frontes ASPUDDEN en verde agrisado escuro teñen marcos finos que capturan a luz e crean sombras para achegar profundidade e carácter a un estilo atemporal.

Todo listo para preparar a comida a gusto e sen complicacións
Esta cociña supereficiente conta con solucións de almacenaxe que axilizan as túas rutinas e aforran pasos innecesarios ao cociñar. A placa de indución proporciónache unha calor precisa nun instante e arrefríase máis rápido que unha vitrocerámica, mentres que a iluminación LED integrada na campá mantén o mesado iluminado á perfección. Nesta cociña, poderás con todo, dende almorzos en familia e ceas con amizades ata os máis que merecidos descansos entremedias.

O estilo comeza cunha cociña organizada
Esta cociña todo terreo, deseñada para a vida cun novo membro da familia, mantén o caos afastado e ten estilo de sobra. Coa billa alta con cano extraíble, fregar, lavar a verdura ou encher potas é moi sinxelo. Ademais, a guía KUNGSFORS de aceiro inoxidable axúdache a organizar os accesorios do vertedoiro para que o mesado quede libre.
Coloca os tarros cos teus artigos imprescindibles do día a día nunha estrutura de parede con baldas ENHET e convértea nun expositor alegre, práctico e persoal.
Desorde na cociña? Que é iso?
Esquece o de xogar ás adiviñas e as avalanchas de recipientes: atopa o que precisas nun instante! Os organizadores interiores, como a cesta colgante PÅLYCKE, axúdanche a aproveitar toda a altura do armario sen ter que armar torres inestables.
Aposta polo vertical. Pon armarios ata o teito e varios enriba da mesa da cociña. Abraiarache todo o que podes chegar a gardar. Os armarios superiores son ideais para gardar as cousas que usas de cando en vez, como os tecidos de tempada ou os enfeites de festa.
Deseños para a vida real: Ideas de cociña para pais e nais principiantes
Goza das comidas en familia con estilo. Presentamos TONSTAD, unha mesa extraíble de chapa de carballo con patas de madeira robustas e esquinas arredondadas. Combínaa con cadeiras tapizadas con fundas lavables, algo xenial se tes un pequeno comensal con poucos modais sentado á túa beira.
O carriño RÅSKOG, resistente e compacto, é o teu aliado para gardar o que precisas ter preto sen que estorbe. Podes metelo debaixo dun estante de parede e sacalo cando o precises, xa sexa para a merenda ou para petiscar algo ás tres da mañá.
Unha mesa de comedor familiar pensada para recibir visitas
Necesitas máis espazo cando veñen familiares e amizades de visita? A mesa extensible TONSTAD inclúe un taboleiro de extensión que se garda dentro e permite pasar de dúas a catro persoas en segundos. Os tallos IBBARBO, lixeiros, empillables e cun deseño alegre e accesible, pódense gardar en calquera recanto ata que fagan falla.
Para crear unha escena acolledora con total tranquilidade, as candeas pequenas LED SKATGÅS ofrécenche o encanto da luz das candeas, pero sen lume, fume nin cera derretida.