Unha cociña moderna en verde escuro
Unha cociña pequena non ten por que ser menos ideal nin bonita. Nesta cociña aberta, as superficies elegantes en verde escuro combínanse con materiais naturais para crear un estilo moi persoal. A boa organización, tanto á vista como no interior, permíteche aproveitar cada centímetro para creares un ambiente apracible e despexado.

