Saltar

Unha cociña familiar pensada para todos

Nunha cociña ben organizada, preparar a comida é moito máis doado e agradable, independentemente das cantidades. Estas ideas sempre axudan a que a familia pase tempo unida, desde a planificación e preparación dos pratos ata a decisión de como poñer a mesa.

Unha cociña branca e asollada de estilo tradicional con frontes de cor marrón con efecto nogueira ENKÖPING e mesados negros de efecto mineral.

Deixa que participen

Se queres que a cativada axude a poñer a mesa, garda os pratos nun caixón a unha altura á que cheguen ben. Ademais, combínao cun pomo ou tirador SKRUVSHULT para que teñan un bo agarre desde a parte dianteira.

Un caixón de cociña aberto cun fronte ENKÖPING de efecto nogueira en marrón e un tirador SKRUVSHULT con moreas de pratos e cuncas no seu interior.

Todo ordenado e protexido

Este organizador de caixóns é unha boa forma de gardar os coitelos de cociña de forma segura e ordenada, lonxe das manciñas curiosas. Para maior tranquilidade, engade un peche de seguridade para caixóns.

Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD
Un caixón de cociña aberto cunha bandexa UPPDATERA cun portacoitelos cheo de coitelos e outros utensilios de cociña.
Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD

A túa comida: perfectamente organizada

Queres controlar toda a comida que tes? Proba esta práctica despensa. Ten dous estantes: un estreito fixado á porta e outro máis amplo que se despraza cara adiante cando abres a porta. O mellor é que ningunha das dúas unidades é demasiado profunda e as cousas non se perderán no fondo. Agrupa os alimentos similares para que sexa máis doado ver o que hai.

Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD
Unha despensa extraíble UTRUSTA nun armario de cociña alto cunha porta ENKÖPING marrón con efecto nogueira e alimentos secos nos estantes.
Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD

Un espazo para tomarse un momento

Se necesitas un lugar práctico para poñerte ao día con cousas do traballo ou coas facturas, deixar un pequeno oco ao final do mesado pode ser a solución. Aprovéitao un pouco máis e pon un taboleiro de notas na parede para ter controladas as notas, receitas e outras cousas pequenas.

Velaquí todos os tallos e as cadeiras
Un tallo alto DALFRED negro ao final dun mesado cun estante negro e un taboleiro de notas branco na parede de detrás.
Velaquí todos os tallos e as cadeiras

Electrodomésticos a xogo para a túa cociña

Estes produtos esenciais, resistentes e bonitos, desenvolvéronse para adaptarse á perfección ás cociñas IKEA, sempre ao mellor prezo posible sen prexudicar a calidade. Ofrecemos ata 5 anos de garantía de balde para os electrodomésticos.

Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD
Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD