Saltar

Unha cociña familiar chea de cor, ledicia e organización

Aberta e acolledora, esta cociña de deseño escandinavo combina estilo e organización para acompañarte na vida cotiá. O mellor? Tamén se converte no corazón do fogar: o lugar onde se cociñan receitas caseiras, se comparten risas e se gozan os pequenos grandes momentos.

Unha cociña con teito inclinado con xanelas e unha porta que dá ao patio, con armarios con frontes SINARP en chapa de carballo.

Unha cociña práctica con sensación de amplitude

Xa sexa porque o teu fogar non permite armarios de parede ou porque prefiras unha escena máis aberta, multiplicar a almacenaxe non implica encher cada recanto. Os armarios baixos ofrecen espazo dabondo para ter todo á man e gozar da luz natural. Con todo no seu sitio, planear as comidas vólvese máis doado: podes baixar o ritmo, reunirte á mesa cos teus e converter cada comida nun pequeno momento inesquecible.

Armarios de cociña con caixóns grandes e frontes SINARP en chapa de carballo nunha cociña luminosa cunha gran superficie de traballo.
Vista desde arriba dun mesado de cociña, cunha táboa de cortar e varios recipientes de alimentos, onde se están a preparar varias comidas.

Un fogar un chisco máis práctico

Reserva un oco para o lecer! Un andel KLAVRESTRÖM, feito de carballo macizo, é perfecto para deixar o móbil, a tablet ou calquera dispositivo Bluetooth á man e así ter o mesado libre. Conéctao ao vistoso altofalante Bluetooth NATTBAD e escoita o teu podcast ou a túa lista de reprodución favorita mentres cociñas.

Velaquí toda a almacenaxe de parede para cociña
Un andel de parede KLAVRESTRÖM, feito de carballo macizo, montado nunha parede de cociña. Nel hai un altofalante Bluetooth NATTBAD.
Velaquí toda a almacenaxe de parede para cociña

O poder dos caixóns organizados para dicir adeus á desorde

En ocasións, xuntas catro ou cinco latas iguais porque non viras as que xa tiñas na despensa? Encher de comida os armarios da cociña está xenial, pero só é útil se encontras facilmente o que precisas. Para ver todo o que tes e acceder con facilidade, non hai nada como os caixóns de peche suave que se abren por completo, con frontes de vidro que che permiten ter unha idea do que hai dentro.

Velaquí máis organizadores de caixóns e de armarios
Un armario de cociña coa porta aberta e dous caixóns KNIVSHULT abertos, nos que se gardan envases e tarros de comida.
Velaquí máis organizadores de caixóns e de armarios

O segredo mellor gardado da túa cociña

Os frigoríficos e conxeladores ateigados son os teus aliados se queres adiantarte e evitar que ir ao supermercado fóra de hora. Os frigoríficos/conxeladores ÖVERNÄS integrados, amplos e perfectamente encaixados detrás das frontes de armarios son os axentes encubertos da túa cociña e fan o seu traballo con discreción. Aquí non hai ruído visual nin acabados fóra de lugar: só comida fresca, bebidas frías e un estilo impecable que nunca pasa de moda.

Velaquí máis frigoríficos e conxeladores integrables
As portas de dous frigoríficos/conxeladores ÖVERNÄS con frontes SINARP en chapa de carballo están abertas, e pódese ver comida gardada dentro.
Comida perfectamente organizada e almacenada dentro de dous amplos frigoríficos/conxeladores ÖVERNÄS con frontes SINARP en chapa de carballo.
Velaquí máis frigoríficos e conxeladores integrables

Fácil de preparar, ideal para compartir

Cun pouco de planificación, mesmo os días máis atafegados flúen sen problemas. Usar unha louza sinxela e apta para a lavalouza reduce o estrés e deixa tempo para gozar a comida. Non é necesario complicarse: boa comida, comodidade e eses pequenos momentos que transforman unha noite estándar en algo especial. Porque cando todo está listo, o que de verdade importa cobra protagonismo: estar xuntos.

Vista superior dunha mesa BERGSHYTTAN en chapa de bidueiro con varias persoas a comer de pratos GODMIDDAG brancos.
Dúas persoas sentadas nunha mesa de comedor comen en pratos GODMIDDAG brancos e beben auga de vasos POKAL.