Saltar

Unha cociña con portas decorativas en marrón avermellado que destaca malia o seu tamaño

Fai que a túa cociña pase de estar ben a ser fabulosa cunha peza espectacular que fará que as túas visitas che pregunten: "Oes, de onde sacaches este deseño?". A resposta: armarios de cociña METOD de diferentes tamaños, dispostos de xeito intelixente para conseguir unha almacenaxe personalizada.

A mestura de frontes dálles aínda máis carácter: as frontes SINARP en chapa de carballo crean un contraste divertido coas portas decorativas TERRSJÖ e o seu motivo ondulado en marrón avermellado. É unha maneira sinxela de conseguir un estilo persoal sen rascar moito o peto.

Varios armarios de cociña METOD con portas TERRSJÖ cun motivo ondulado en marrón avermellado na parede dunha cociña pequena.

Porque unha cociña convencional non é o teu

Opta por un acabado á medida sen pagar de máis. O sistema de cociña METOD ofréceche posibilidades case infinitas para deseñar unha cociña ao teu gusto. Elixe armarios de distintas anchuras, xoga coa súa distribución nas paredes e deixa que as portas decorativas engadan un toque de cor.

Sigue a desatar a túa creatividade! Consigue dous armarios superiores resistentes e engádelles un mesado e unhas patas para convertelos en asentos con máis almacenaxe (o zócolo dálle un toque máis uniforme). Colócaos preto da acción, ponlles un par de coxíns, e listo! Acabas de crear o mellor recanto do teu fogar.

Unha cociña que traballa duro (para que ti goces)

Nesta cociña pequena, a eficiencia vén de serie, igual que o estilo. Co rechamante mesado á medida EKBACKEN de cor terracota, tes espazo para preparar a comida e manter as potas, as tixolas e outros utensilios ben gardados, pero ao alcance da man.

A placa de indución TÄCKNAN con extractor integrado elimina o fume sen ocupar espazo na parede, e tras as frontes lisas da cociña atoparás unha lavalouza e un frigorífico/conxelador. Trátase dun deseño sinxelo que é moi útil para engadir eses toques persoais que fan que a cociña sexa túa.

O teu minialmacén, xusto onde o precisas

Cun módulo de almacenaxe de parede EKET, poderás ter o mesado despexado e as túas cousas sempre á man. Tamén é o lugar perfecto para un altofalante Bluetooth se che encanta bailar mentres te ocupas das túas tarefas. Deixa que as túas cancións favoritas se mesturen cosas risas e os bos recordos. Á fin e ao cabo, é o que de verdade importa para pasalo ben.

Un módulo de almacenaxe de parede EKET en azul agrisado escuro na parede dunha cociña. Contén botellas e tarros.

O teu minialmacén, xusto onde o precisas

Cun módulo de almacenaxe de parede EKET, poderás ter o mesado despexado e as túas cousas sempre á man. Tamén é o lugar perfecto para un altofalante Bluetooth se che encanta bailar mentres te ocupas das túas tarefas. Deixa que as túas cancións favoritas se mesturen cosas risas e os bos recordos. Á fin e ao cabo, é o que de verdade importa para pasalo ben.

O poder detrás de cada prato perfecto

O forno de aire forzado FRILLESBO é o teu compañeiro ideal para cociñar cada día, equipado con vantaxes modernas como a función grella e a calor por convección para obter resultados rápidos e homoxéneos. Ten un deseño elegante de aceiro inoxidable con controis intuitivos: abonda con virar os mandos, e listo.

No seu interior, atoparás bandexas de forno de diferentes profundidades e reixas para que poidas cociñar a varios niveis. Pon algo para asar embaixo e algo para enfornar enriba, e teralo todo listo nun abrir e cerrar de ollos. Sabes que inclúe tamén? Cinco anos de garantía!

Unha persoa que leva unha camisa de raias azuis e brancas saca unha fonte do forno de aire FRILLESBO en aceiro inoxidable.

O poder detrás de cada prato perfecto

O forno de aire forzado FRILLESBO é o teu compañeiro ideal para cociñar cada día, equipado con vantaxes modernas como a función grella e a calor por convección para obter resultados rápidos e homoxéneos. Ten un deseño elegante de aceiro inoxidable con controis intuitivos: abonda con virar os mandos, e listo.

No seu interior, atoparás bandexas de forno de diferentes profundidades e reixas para que poidas cociñar a varios niveis. Pon algo para asar embaixo e algo para enfornar enriba, e teralo todo listo nun abrir e cerrar de ollos. Sabes que inclúe tamén? Cinco anos de garantía!

Ordena rápido e atopa cousas con facilidade: Almacenaxe flexible sobre rodas

Está a túa casa ordenada por completo ou hai cousas que cobran vida propia e acaban en calquera sitio? Chegou a hora de NISSAFORS, un carriño estreito pero resistente que cabe nos ocos máis diminutos e podes levar rodando a onde o precises. O deseño perforado permíteche ver facilmente o que hai gardado no seu interior. Tamén superou as probas de estabilidade, durabilidade e seguridade.

Personaliza o teu comedor (tantas veces como queiras)

A flexibilidade do sistema de cociña METOD vai máis aló da cociña. Transforma uns armarios de cociña nun aparador xunto á mesa de comedor e engade un toque de cor e estrutura (neste caso, coas portas decorativas TERRSJÖ e o seu motivo ondulado en marrón avermellado) para acadar un estilo con moita personalidade.

Crea a túa propia minigalería cos estantes de parede EKET en beixe e azul agrisado escuro. Reorganízaos cando che pete, engade un módulo aquí, unha balda aló... Esta solución de almacenaxe adáptase a ti por completo.

Unha mesa SKÅLSTA de chapa de carballo con patas negras, catro cadeiras coordinadas e unha solución de almacenaxe no fondo.

Un comedor cun toque persoal para un piso pequeno

Queres anovar o teu comedor? Combina pezas da serie SKÅLSTA para crear un comedor ao teu gusto. Os armarios de cociña con portas decorativas TERRSJÖ agochan a desorde, mentres que os módulos de parede permítenche exhibir a túa decoración.

Máis información