Unha cociña con portas decorativas en marrón avermellado que destaca malia o seu tamaño
Fai que a túa cociña pase de estar ben a ser fabulosa cunha peza espectacular que fará que as túas visitas che pregunten: "Oes, de onde sacaches este deseño?". A resposta: armarios de cociña METOD de diferentes tamaños, dispostos de xeito intelixente para conseguir unha almacenaxe personalizada.
A mestura de cores e texturas dálle aínda máis carácter: as frontes SINARP brancas crean un contraste divertido coas portas decorativas TERRSJÖ e o seu motivo ondulado en marrón avermellado. É unha maneira sinxela de conseguir un estilo persoal sen rascar moito o peto.

Porque unha cociña convencional non é o teu
Opta por un acabado á medida sen pagar de máis. O sistema de cociña METOD ofréceche posibilidades case infinitas para deseñar unha cociña ao teu gusto. Elixe armarios de distintas anchuras, xoga coa súa distribución nas paredes e deixa que as portas decorativas engadan un toque de cor.
Sigue a desatar a túa creatividade! Prescinde dun armario de parede para crear interese visual (e facer oco para a túa obra de arte favorita). Queres engadir iluminación? Un panel de iluminación permíteche instalar unha tira de iluminación LED para mesado MITTLED para que quede integrada á perfección.
Electrodomésticos de cociña compactos para chefs con pouco espazo
Nesta cociña pequena, a eficiencia vén de serie, igual que o estilo. Co rechamante mesado á medida EKBACKEN de cor terracota, tes espazo para preparar a comida e manter as potas, as tixolas e outros utensilios ben gardados, pero ao alcance da man.
Con electrodomésticos optimizados para unha cociña pequena, podes preparar a maioría dos teus pratos favoritos. Neste exemplo, propoñémoste unha placa de indución estreita, un microondas GÅTEBO con funcións de frixideira de aire e grella, e unha campá de parede FIVELSBO con luz LED integrada. E mencionamos que ofrecen cinco anos de garantía?

Como tirarlle o máximo proveito á almacenaxe da cociña
Aproveita toda a altura dos armarios da túa cociña cun andel adicional VARIERA, un soporte colgante PÅLYCKE e tarros amontoables con tampa. Nada de moreas a piques de caer nin de envases perdidos: só almacenaxe práctica e ao alcance da man.
Os pequenos electrodomésticos son os heroes da cociña, pero non deberían quitar espazo do mesado. Axusta unha balda do armario para colocar o fervedoiro e a cafeteira, e así telos gardados cando non os uses.

Ordena rápido e atopa cousas con facilidade: Almacenaxe flexible sobre rodas
Está a túa casa ordenada por completo ou hai cousas que cobran vida propia e acaban en calquera sitio? Chegou a hora de NISSAFORS, un carriño estreito pero resistente que cabe nos ocos máis diminutos e podes levar rodando a onde o precises. O deseño perforado permíteche ver facilmente o que hai gardado no seu interior. Tamén superou as probas de estabilidade, durabilidade e seguridade.

Opta por unha mesa pregable se queres aforrar espazo
A mesa pregable VIHALS é compacta e versátil, cun deseño sinxelo que se adapta sen problemas a calquera fogar. Deixa unha á aberta para o día a día e levanta as dúas cando queiras facer sitio para os convidados.
A almacenaxe intelixente axúdache a telo todo ordenado: unha balda para a louza ou a túa decoración de mesa favorita, ademais de espazo para un máximo de catro cadeiras pregables VIHALS, ideais cando precisas máis asentos de súpeto.