Saltar

Unha cociña ben integrada que se adapta ao ritmo da vida familiar

Esta cociña ben integrada satisfai todos os requisitos de estilo e funcionalidade. O uso eficiente do espazo fai que todo flúa mellor á hora de cociñar ou comer. As estruturas negras e as frontes de efecto carballo, combinadas coa illa de cociña central, crean a zona perfecta para preparar a comida, comer e socializar. Trátase dun fogar dentro dun fogar, con solucións de almacenaxe intelixentes que manteñen o espazo despexado para que todo o mundo poida cociñar, comer e pasar tempo xuntos.

Un comedor con portas e frontes de caixón de efecto carballo VOXTORP, tres lámpadas de teito, andeis de parede e cadeiras.

Descubre unha cociña que non ten nada que envexar a ningún comedor

Goza da liberdade e da fluidez de movemento que supón ter a cociña e o comedor no mesmo espazo. Grazas a ter todo organizado respecto a actividades como cociñar, comer e socializar, nunca foi tan doado ter un espazo vital onde todo o mundo vai e vén.

Vídeo dunha cociña METOD con frontes de efecto carballo VOXTORP/negro agrisado. Hai tres lámpadas colgantes enriba da illa de cociña.

Mesados arriba e almacenaxe abaixo: tal para cal

Hai solucións de almacenaxe que van máis aló. A nova cor negra agrisada das estruturas METOD conecta a cociña co comedor como se foran dúas pingas de auga para potenciar esa sensación de que todo flúe. O mesado a medida MÖCKLARP, que é doado de limpar e resistente á calor e ás rabuñaduras, é como unha libraría para as cousas de cociña. Podes pedir a solución coa lonxitude e o tamaño que precises para a túa illa de cociña ou barra e con entradas e saídas para o vertedoiro, a billa e a placa.

Engade os tallos altos STIG negros, que teñen a altura perfecta para socializar ou petiscar algo. Pódense amorear, límpanse ao pasares un pano e pódelos atopar en varias combinacións de cores, aínda que non fai falta nin mencionalo. Garda cousas debaixo, traballa enriba e senta con toda comodidade mentres tanto: a combinación perfecta.

Unha zona de comedor con almacenaxe cunha estrutura METOD en negro/gris cun mesado a medida MÖCKLARP e tallos altos STIG.

Unha cociña cunha distribución perfecta e con acceso a todo, vale para cociñar e para servir

Namórate dun espazo de traballo funcional na cociña. As características principais da cociña están ao teu alcance, así como a almacenaxe, os mesados e a zona para cociñar. O forno e a placa están preto dos mesados e da zona do vertedoiro. Despídete de dar voltas dun lado para outro. Atoparás todo o que necesitas detrás das frontes de caixón e portas VOXTORP, que teñen un elegante efecto carballo. O estilo, a funcionalidade e a facilidade de acceso converten esta cociña no soño de calquera futuro cociñeiro.

Velaquí todas as portas e frontes de caixóns de cociña
Unha cociña ben planificada cun forno de aire forzado FINSMAKARE e almacenaxe para frontes de caixón e portas VOXTORP.
Velaquí todas as portas e frontes de caixóns de cociña

Un novo carrusel de cociña que lle dará un respiro aos teus electrodomésticos pequenos

Cansácheste de amorear os electrodomésticos de cociña? O accesorio extraíble de armario baixo de esquina UTRUSTA permíteche ter á man todos os electrodomésticos pequenos. Ao aproveitar ao máximo o espazo da esquina, o contido do armario é fácil de ver e de acadar nas dúas bandexas xiratorias do carrusel. Cada bandexa é axustable para que poidas personalizar a almacenaxe segundo o que precises. Ademais de ser doadas de limpar, as bandexas teñen unha superficie de melamina resistente ás rabuñaduras, perfectas para soportar o uso diario. Atopar os electrodomésticos con facilidade tamén fai que sexan máis doados de usar.

Un espazo de almacenaxe de cociña cunha porta de esquina aberta para amosar un accesorio extraíble de armario baixo de esquina UTRUSTA con varios electrodomésticos.

A almacenaxe organizada é un segredo a voces para gozar máis da cociña

A calma e o silencio son o quid da organización nunha cociña. O caixón alto con fronte KNIVSHULT ten guías de aceiro que permiten abrilo e pechalo de maneira suave e practicamente silenciosa. Os caixóns de enriba e do centro teñen frontes de vidro. Ademais, ao contar con amortecedores integrados, péchanse amodo, con suavidade e sen facer ruído. Pódense instalar cunha ferraxe de apertura a presión para abrilos e pechalos sen esforzo.

Os organizadores interiores UPPDATERA deseñáronse para manter ordenados os caixóns da cociña e, así, pasar menos tempo rebuscando e máis cociñando. A bandexa para cubertos e coitelos, así como outros accesorios interiores de cociña, son versátiles. Só tes que ir cambiando de posición os separadores segundo as túas necesidades. O material suave amortece o ruído dos cubertos e realza o interior dos caixóns. Caixóns silenciosos, bandexas máis suaves e adeus a ese ruído metálico tan molesto mentres buscas cousas. O silencio é ouro, igual que a túa cociña.

Solucións de almacenaxe cos caixóns abertos para amosar os organizadores interiores UPPDATERA cheos de cousas.
Unha solución de almacenaxe KNIVSHULT cos caixóns abertos para amosar os organizadores interiores UPDDATERA cheos de cubertos e pezas de vaixela.

Unha zona de vertedoiro impecable coa billa e o panel de parede a xogo

Ás veces, parece que todo se acumula arredor do vertedoiro, pero a billa de cociña ÄLMAREN negra e o panel de parede e o mesado de efecto pedra/negro mate MÖCKLARP, xunto coa estrutura de parede ENHET, mantéñeno todo ordenado.

O cano alto da billa ÄLMAREN fai que fregar os pratos e as potas sexa máis doado. Melloramos a billa ao engadirlle discos de cerámica resistentes e duradeiros para responder á alta presión que se produce ao cambiar a temperatura da auga. Así, non terás que estar chamando ao fontaneiro un día si e outro tamén.

A estrutura de parede ENHET con andeis a xogo en antracita permite gardar as cuncas, os termos e os vasos de maneira que non molesten. A coordinación de cores da billa, a estrutura de parede, o mesado e o panel de parede integran todos os elementos da zona do vertedoiro.

Unha zona de vertedoiro de cociña cun panel de parede e un mesado MÖCKLARP en negro e unha billa ÄLMAREN. Hai algunhas cousas no mesado.
Unha cociña cun panel de parede e un mesado MÖCKLARP en negro e unha estrutura de parede ENHET con andeis onde se gardan varios artigos de cociña.