Unha cociña aberta onde a vida familiar e o estilo danse a man
Esta cociña, que combina tradición e modernidade, está deseñada para gozala en compañía, xa sexa a cociñar, de leria ou, simplemente, para acompañar a persoa que cociñe.
As frontes VOXTORP lisas con tiradores integrados danlle un toque elegante, mentres que a península engade almacenaxe e espazo tanto para cortar como para leriar. E para que simplemente queira relaxarse, hai sitio na mesa de comedor que está ao lado.

Almacenaxe e electrodomésticos de cociña intelixentes cun deseño integrado
Aínda que os armarios METOD desta cociña están cheos, tamén están organizados á perfección. Cada utensilio ten o seu sitio e cada ingrediente, o seu momento de gloria.
O equipamento axeitado fai que a túa cociña pase de ser útil a un lugar que adoras. O forno de aire forzado SPJUTBO integrado con función grella é un heroe na sombra, xa que se ocupa de cociñar a diario con eficacia sen romper a estética.
Dende cociñar ata reciclar: esta cociña poncho fácil
Se equipas o teu vertedoiro coas solucións axeitadas, verás que cociñar e limpar se volven tarefas moito máis fluídas e gratificantes. Coa billa de cociña MAJSJÖN con cano extraíble e pulverizador, lavar a froita e a verdura é moi sinxelo. Ter o caldeiro de reciclaxe preto do vertedoiro asegúrache que as peles e os talos acaben onde tocan. Sen leas e sen estrés.

Un dispositivo para cada receita, un lugar para cada dispositivo
A península desta cociña ofrece moito espazo de almacenaxe para pequenos electrodomésticos e utensilios de cociña. Con todo ao alcance da man e a mesa de comedor á vista, quen cociñe pode preparar a comida sen perder o fío da conversa con familiares e amizades.
Unha cociña deseñada para a conexión
Fai que a cociña se integre co comedor para crear un espazo aberto onde todo (e todas as persoas) estea conectado. Esta península de cociña é o centro de operacións da familia, xa sexa para cortar, servir ou, simplemente, pasar uns intres. Grazas ás solucións de almacenaxe intelixentes por toda a cociña, os mesados mantéñense despexados para que o teu fogar respire tranquilidade no canto de atafego. Ademais, a ampla mesa de comedor é perfecta tanto para cear gyozas entre semana como para gozar dunha sesión interminable de xogos de mesa.

- Páxina de información do produto
Conexión total: Unha sala de estar familiar nun fogar de planta aberta
Aquí tes unha sala de estar acolledora nun fogar de planta aberta que mantén todas as persoas conectadas, dende a cociña ata o cómodo sofá. É ideal para xogar, dedicarte ás túas afeccións ou, simplemente, gozar de tempo de calidade cos teus seres queridos.