Saltar

Unha cociña aberta onde a vida familiar e o estilo danse a man

Onde comeza e onde remata esta cociña? Nin se sabe nin importa: esta familia de gourmets adora cociñar unida e alongar a sobremesa ata que non quedan nin as migallas da torta. Con tanto espazo de almacenaxe e uns mesados tan amplos, (case) non hai límite para o número de chefs que se poden xuntar a cociñar.

As frontes VOXTORP lisas con tiradores integrados danlle un toque elegante, mentres que a península engade almacenaxe e espazo tanto para cortar como para leriar. E para quen simplemente queira relaxarse, hai sitio na mesa de comedor que está ao lado.

Unha cociña luminosa con frontes VOXTORP en branco mate e unha península cunha mesa de comedor branca en primeiro plano.

Almacenaxe e electrodomésticos de cociña intelixentes cun deseño integrado

Aínda que os armarios METOD desta cociña están cheos, tamén están organizados á perfección. Cada utensilio ten o seu sitio e cada ingrediente, o seu momento de gloria.

O equipamento axeitado fai que a túa cociña pase de ser útil a un lugar que adoras. Os electrodomésticos integrados, como a campá MÅNGSBO, son heroes na sombra: ocúpanse das tarefas diarias con eficacia e sen romper a estética.

Un dispositivo para cada receita, un lugar para cada dispositivo

Ten o mesado despexado e os utensilios de cociña, á man. Esta península ten caixóns profundos para gardar os electrodomésticos pequenos de maneira práctica.

Un par de armarios baixos de dous caixóns con frontes en branco mate e tiradores integrados, rematados cun mesado de chapa de madeira. Os caixóns superiores, que son profundos, ábrense para amosar os electrodomésticos que hai gardados. Dentro de cada un dos caixóns superiores, ábrese un caixón interior de pouca profundidade onde se ven utensilios e organizadores. Os caixóns de peche suave péchanse, e, logo, os caixóns de abaixo, cheos de electrodomésticos, ábrense e péchanse.

Un dispositivo para cada receita, un lugar para cada dispositivo

Ten o mesado despexado e os utensilios de cociña, á man. Esta península ten caixóns profundos para gardar os electrodomésticos pequenos de maneira práctica.

Dende cociñar ata reciclar: esta cociña poncho fácil

Se equipas o teu vertedoiro coas solucións axeitadas, verás que cociñar e limpar se volven tarefas moito máis fluídas e gratificantes. Coa billa de cociña MAJSJÖN con cano extraíble e pulverizador, lavar a froita e a verdura é moi sinxelo. Ter o caldeiro de reciclaxe preto do vertedoiro asegúrache que as peles e os talos acaben onde tocan. Sen leas e sen estrés.

Ese lugar máxico entre a cociña e o comedor

Unha península de cociña atrae o bo ambiente como un imán: todas as persoas xúntanse aí de xeito natural para botar unhas gargalladas, petiscar algo e contar anécdotas. Ofrece as vantaxes dunha illa de cociña e ocupa menos espazo, con caixóns para os utensilios e unha superficie para preparar e servir, ademais de asentos para os teus catadores de preferencia.

Amplía a túa cociña ata o comedor: os armarios METOD con portas de vidro HEJSTA son o escaparate ideal para a túa louza e póñencho doado para engadir un prato máis se aparece un convidado sorpresa. Engade un caixón ou dous para os panos de mesa e os pousavasos (ou algunha que outra refección).

Un fogar que fomenta a conexión, da cociña ao sofá

Fai que a cociña se integre co comedor e a sala de estar para crear un espazo aberto onde todo (e todas as persoas) estea conectado. Esta península de cociña é o centro de operacións da familia, xa sexa para cortar, servir ou, simplemente, pasar uns intres. Na ampla mesa de comedor cabe calquera cousa ―dende a pasta dos martes ata partidas interminables de xogos de mesa―, e atópase a carón do sofá para as noites de videoxogos.