Unha cociña á medida en azul, deseñada para pasar tempo en familia
Mergúllate nesta cociña LERHYTTAN en forma de L en azul, con illa de cociña, perfecta para calquera familia á que lle guste pasar tempo xuntos todos os días nun espazo acolledor. As prácticas solucións de almacenaxe fan que toda a familia poida axudar á hora de facer a comida, cociñar e pór a mesa. Descubre as catro características que farán que esta cociña se converta na estancia favorita do teu fogar: unha illa de cociña con moitos caixóns para organizar perfectamente todos os utensilios, unha despensa independente que maximiza as posibilidades de almacenaxe, unha vitrina para exhibir con orgullo a louza e unha zona diáfana para cociñar.
