Saltar

Illas de cociña para soñar aptas para todos os estilos e carteiras

Tanto se a túa cociña é grande como se é pequena, unha illa de cociña é unha forma fantástica de gozar de estilo e funcionalidade. Ofrece almacenaxe adicional e máis espazo de traballo, pero, sobre todo, é un lugar acolledor para pasar o tempo. Temos a solución que buscas acorde ao teu estilo e orzamento. Mira, mira!

Illa de cociña grande con frontes ASKERSUND con efecto de madeira de freixo clara, dous tallos negros e unha lámpada de teito branca enriba.
Illa de cociña grande con frontes ASKERSUND con efecto de madeira de freixo clara, dous tallos negros e unha lámpada de teito branca enriba.

Teño espazo para unha illa de cociña? Por suposto!

Unha illa de cociña é ideal, especialmente se o teu espazo é pequeno. Os andeis, e pode que incluso unha guía enriba, ofrecen acceso fácil aos utensilios de cociña. Deixa que os amigos e familiares che axuden a preparar a comida: os tallos de bar invitan a ter compaña e podes metelos facilmente debaixo do mesado se precisas máis espazo no chan.

Unha illa de cociña VADHOLMA en negro e carballo cunha lámpada colgante negra enriba e dous tallos nunha cociña branca con vigas.
Unha cociña branca cunha illa de cociña VADHOLMA en negro e carballo. Ten unha guía cun andel e ganchos para os utensilios de cociña.
Unha illa de cociña TORNVIKEN en cor óso e carballo nunha cociña luminosa, con caixas de madeira e cuncos nos andeis.
Unha illa de cociña TORNVIKEN en cor óso e carballo nunha cociña luminosa con cadeiras brancas e unha lámpada colgante branca.
Unha illa de cociña VADHOLMA grande en negro e carballo con dous andeis nos que hai utensilios de cociña, caixas e outras cousas.

Todo en un: illa de cociña, espazo extra de almacenaxe, mesado, mesa e carriño

Se prefires algo máis sinxelo que unha illa de cociña tradicional, consideraches escoller unha mesa móbil de folla abatible? Esta unidade multiúsos ofrece espazo extra de almacenaxe e aumenta o do mesado, á vez que serve de mesa de comedor para dúas persoas. Un carriño con estilo (ou dous) é outro xeito rápido de mellorar a funcionalidade da túa cociña.

Mesa móbil de folla abatible con espazo de almacenaxe RESARÖ nunha cociña con enxoval enriba e un tallo ao lado.
Cociña cunha mesa móbil de folla abatible con espazo de almacenaxe RESARÖ pregada con enxoval colocado nos andeis abertos.
Un carriño de cociña FÖRHÖJA en bidueiro con caixas de madeira e bandexas para forno nos andeis, colocado contra unha parede branca.
Dous carriños de cociña BEKVÄM en bidueiro xuntos para formar unha illa de cociña con utensilios almacenados nos andeis.
Mesa móbil de folla abatible con espazo de almacenaxe RESARÖ con cuncos, pratos e vasos enriba apoiada contra unha parede de cociña verde.

Crea un bo ambiente con estas ideas de iluminación para illas de cociña

Gústache ter compaña? Dálle á túa cociña un ambiente acolledor cunha boa iluminación. As impactantes lámpadas colgantes sobre unha illa personalizada marcan o estilo. Xunto con focos máis pequenos, ofrecen luz abondo para todo tipo de actividades. Combina as frontes da illa cos armarios para acadar un estilo realmente elegante.

Illa de cociña grande con frontes ASKERSUND con efecto de madeira de freixo clara, unha lámpada de teito branca enriba e dous tallos negros.
Unha illa de cociña grande con frontes BODBYN grises no centro dunha gran cociña gris con frontes do mesmo estilo.
Unha illa de cociña pequena nunha cociña branca aberta con frontes VOXTORP en branco mate e frontes HASSLARP con estampado marrón.
Unha illa de cociña con frontes SINARP marrón escuro con dúas grandes lámpadas colgantes negras enriba e dous tallos negros ao lado.
Unha illa de cociña grande con frontes FRÖJERED en bambú claro, con dúas lámpadas de teito brancas enriba e dous tallos brancos.

Fixa a túa illa de cociña ao chan

Todos queremos que o noso fogar sexa un lugar seguro, así que fixa correctamente a illa de cociña ao chan para que non envorque.

Ideas de illas de cociña pequenas cun deseño aberto e moderno

Unha habitación ordenada é unha habitación tranquila, pero cando as cousas se complican, parece que sempre che falta o espazo extra que necesitas para estar en calma. Estas espazosas illas con estrutura de aceiro están abertas polos lados, para que poidas chegar facilmente aos artigos necesarios e colocalos directamente no mesado. Os ganchos axudan a manter a superficie despexada.

Unha illa de cociña ENHET branca cunha estrutura de aceiro nunha cociña luminosa. Hai unha lámpada colgante negra enriba.
Unha illa de cociña ENHET branca nunha cociña. Hai caixas de madeira, bandexas de forno e recipientes nos andeis.

Ideas intelixentes de illas de cociña que se axustan ao orzamento

Non deixes que o seu elegante deseño che engane, este carriño con catro rodas (ou chamémolo illa de cociña sobre rodas) conta cunha sólida estrutura de aceiro en negro que soporta a humidade ou as cargas pesadas. Utilízao só ou pon dous carriños xuntos para ter máis almacenaxe e un espazo de traballo incluso maior, exactamente onde queres.

 Un carriño BROR en negro con catro rodas nunha cociña branca, cun microondas e dúas potas.
Dous carriños BROR negros un ao lado do outro, formando unha illa de cociña con artigos almacenados nos andeis.

Os carriños de cociña, unha solución flexible para almacenaxe extra

Achégao cando o precises e pono no seu sitio cando remates. Un elegante carriño con rodas é unha solución rápida para engadir máis sitio para gardar cousas na túa cociña sen ocupar moito espazo e sen ter que gastar unha fortuna.