Unha cociña en calma para familias activas
Esta cociña combina estilo e funcionalidade para familias atarefadas, pero o mellor está dentro. Descubre como cada recanto está deseñado para a vida real, dende o almorzo ata os aperitivos nocturnos. Sigue a ler e atopa inspiración para unha cociña chea de movemento.

Estilo, luz e funcionalidade en cada detalle
Cada detalle desta cociña ten un estilo moderno e acolledor. As frontes ASPUDDEN en gris claro, minimalistas e lixeiras, capturan a luz e dan profundidade, mentres que os tiradores cromados STJÄRNHOV suavizan ángulos e curvas. Os paneis laterais decorativos dan amplitude visual sen perder estilo, e a iluminación LED no mesado, os caixóns e o panel lateral facilitan cociñar ao achegar un efecto visual sorprendente.
Segredos de cociña para familias con présas
Varios horarios no fogar e ganas de comer na casa sen estrés? A chave está na organización. Usa despensas extraíbles UTRUSTA, recipientes transparentes e bandexas abertas para ver todo cunha simple ollada. Dedica 10 minutos semanais a reorganizar e planificar co que xa tes, que, sen darte de conta, aforrarás tempo e cartos, e tirarás menos comida.
Merca, garda, recicla e repite
Mercar en grandes cantidades aforra tempo e cartos, pero require unha boa almacenaxe. Os estantes OMAR converten calquera recanto en despensa e facilitan aplicar a filosofía FIFO: o máis antigo diante, o novo detrás. Para reciclar ou clasificar, os caldeiros SORTERA son duradeiros, con tampas pregables e fáciles de utilizar. Unha vez comezas a ordenar e clasificar, verás que é difícil parar.
O mellor de volver ao fogar
Cando os días están cheos de actividades, volver a un fogar acolledor non ten prezo. A mesa extensible TONSTAD convértese no punto de encontro da familia: para catro no día a día, e con espazo para dous máis ao estendela. Coñeces este IKEA Hack? Os armarios METOD poden formar un banco xunto á fiestra: só tes que engadir coxíns moles e gozar!
Sen salpicaduras, aínda que freguen os adolescentes
A billa de cociña MAJSJÖN facilita todas as tarefas do vertedoiro. O seu cano extraíble, que se move en todas as direccións e ofrece dous tipos de chorro, permite enxaugar verduras, encher potas ou fregar pratos sen ensuciar o mesado. Ademais, o seu acabado industrial leva o estilo da túa cociña ao seguinte nivel.

Sen salpicaduras, aínda que freguen os adolescentes
A billa de cociña MAJSJÖN facilita todas as tarefas do vertedoiro. O seu cano extraíble, que se move en todas as direccións e ofrece dous tipos de chorro, permite enxaugar verduras, encher potas ou fregar pratos sen ensuciar o mesado. Ademais, o seu acabado industrial leva o estilo da túa cociña ao seguinte nivel.

































































