Unha cociña-comedor para familias numerosas: Trucos e ideas de almacenaxe
Luminosa, aberta e pensada para a vida real, esta cociña-comedor combina estilo e funcionalidade para familias numerosas. Descubre enxeñosas ideas de almacenaxe, trucos para organizar o frigorífico e un IKEA Hack que che abraiará. Cociña, leria e comparte sen que ninguén perda nada: inspiración práctica para un fogar cheo de movemento.

Moito máis do que ves
A primeira vista, esta cociña envólvete co seu encanto tradicional e rústico. Pero a súa verdadeira maxia revélase ao descubrir o que agocha: unha lavalouza integrada, caixóns de peche suave e almacenaxe intelixente. É a harmonía perfecta entre a beleza de onte e a funcionalidade de hoxe.

O ingrediente secreto dunha cociña sempre organizada.
Imaxina abrir a túa despensa e atopar sempre o que buscas. Faino realidade coas nosas solucións intelixentes: dende caixas extraíbles e andeis e caixóns que se extraen por completo para revelar todo o seu contido ata os recipientes herméticos KORALLVIPPA, que conservan os sabores e fan que a túa comida dure máis tempo. Que máis se pode pedir?
Resolve o misterio da comida caducada
Pasounos a todos: tres envases abertos de non se sabe ben que e salsas que cheiran a "non te arrisques". Pero calma, que se arranxa con facilidade:
-Crea unha "zona cómeme xa" cos alimentos que hai que gastar primeiro e márcate unha noite de bufete de sobras con todo o que xa teñas aberto. E lembra facer a listaxe da compra despois de mirar as baldas, non antes.
-Truco adicional: Garda as herbas como flores (vaso + auga) e apunta con rotulador o que é e cando se abriu. Resultado: menos comida estragada e máis cartos aforrados. Todo son vantaxes.

Se a cociña acompaña, cociñar en equipo flúe
Cunha península ampla e zonas despexadas, cada un ten un espazo sen estorbar. A almacenaxe en parede libera mesado e deixa todo á man, con solucións como portacoitelos magnéticos e ganchos para panos. Para gañar tempo? Cociña en recipientes de vidro, deixa arrefriar e tapa: gardar, e listo.
Un todo terreo da almacenaxe
Esta península aproveita cada centímetro para facilitarche o día a día: caixón profundo para latas e moldes, superficie extraíble para pequenos electrodomésticos e reciclaxe integrada con tampa, ben organizada e fóra da vista. Ademais, cun ou dous tallos, transfórmase no lugar perfecto para petiscar algo, estudar ou tomar un café. Práctica, acolledora e pensada para vivila a diario.
Electrodomésticos modernos de estilo clásico
O microondas e o forno STENABY ofrecen funcións básicas e comodidade moderna para o día a día, con total fiabilidade. Sentiraste como un gran chef, pero sen estrés: enforna, asa ou requenta sen esforzo. E, cando dicimos "fiable", vai en serio: teñen cinco anos de garantía. Ademais, intégranse á perfección na túa cociña coas frontes BODBYN.

Almacenaxe que rouba o protagonismo
Converte os armarios METOD nun escaparate con portas de vidro e frontes BODBYN en branco óso. Con andeis de vidro e iluminación integrada, presume da túa louza favorita sen que se acumule po, achega calidez e facilita atopar o que precisas. As luces LED cálidas e tenues crean unha escena suave, perfecta para petiscar algo de noite ou tomar unha bebida quentiña pola mañá. E, para organizar o máis pequeno, engade caixóns debaixo: a túa cociña, as túas regras.
IKEA Hack: Constrúe o teu propio banco de cociña con almacenaxe agochada
Cada fogar precisa un recuncho acolledor. Aquí, os armarios de cociña METOD convertéronse nun comodísimo banco con coxíns suaves en divertidas cores e estampados: ideal para ler, xogar a algún xogo de mesa ou botar unha soneca (merécela!). Nos caixóns de debaixo podes gardar os manteis á man e mesmo reservar un para o material dos traballos manuais. Escolle unha fronte do mesmo estilo que o da cociña para levar a estética tradicional á túa zona de comedor.
Unha mesa lista para calquera plan
A mesa extensible ROSENTORP combina elegancia e funcionalidade. Pasa de catro a seis comensais en segundos, perfecta para brunches, xogos de mesa ou ceas improvisadas. Engade tallos, tronas ou cadeiras tapizadas para que todas as persoas, sen importar a idade, teñan o seu lugar favorito arredor da mesa.