Saltar

Harmonía nunha cociña superorganizada

As frontes lisas e sinxelas son a base para crear unha cociña acolledora. A cor gris clara neutra é doada de combinar con outros tons e materiais, o que permite crear unha cociña moderna que resista o paso do tempo e que reflicta o teu estilo único. Trátase dunha cociña ampla, apracible e alegre á que quererás volver cada día.

Unha cociña recta con frontes HAVSTORP en gris claro, unha mesa DOCKSTA branca, unha cadeira ÖSTANÖ en marrón avermellado e un tallo DOMSTEN.
Unha cociña recta con frontes HAVSTORP en gris claro, unha mesa DOCKSTA branca, unha cadeira ÖSTANÖ en marrón avermellado e un tallo DOMSTEN.

Electrodomésticos para unha cociña pequena

Un microondas combi con aire forzado, unha placa de indución de dúas zonas que se adapta a un espazo estreito e un forno de convección no que se poden cociñar varios pratos á vez: con electrodomésticos adaptados ás túas necesidades e o teu espazo, gozarás de todas as funcións que precisas para potenciar a túa faceta culinaria.

Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD
Unha cociña recta con frontes HAVSTORP en gris claro, electrodomésticos de aceiro inoxidable e unha guía KUNGSFORS con ganchos.
Unha placa de indución VÄLBILDAD e un forno de aire forzado FORNEBY con vapor directo nunha cociña con frontes HAVSTORP en gris claro.
Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD

Unha cociña gris apracible cunha zona de comedor vistosa

As superficies lisas e as liñas rectas destas frontes danlle un aspecto neutro que resulta doado combinar con outras cores e materiais. Unha zona de comedor con formas gráficas e cores vivas ofrece un marcado contraste coa cociña en gris claro para crear un ambiente moderno e acolledor no que te sintas verdadeiramente a gusto.

Esquina dunha cociña con frontes HAVSTORP en gris claro, unha mesa DOCKSTA branca, unha cadeira ÖSTANÖ en marrón avermellado e un tallo DOMSTEN.
Varios tipos de utensilios de cociña nunha mesa DOCKSTA branca redonda, vistos dende enriba, cun tallo DOMSTEN ao lado.

Dálles un toque especial ás túas comidas diarias cunha vaixela colorida

Prepara a túa mesa de cociña cunha vaixela vermella, azul, verde ou amarela, e goza do efecto positivo que ten sobre a túa experiencia gastronómica. Explora a nosa selección de pratos, cuncos, cuncas e vasos na túa cor favorita ou en distintos tons, e crea unha mesa que non pase desapercibida.

Organiza os caixóns e armarios da túa cociña

Consigue que o interior estea tan ordenado como o exterior con organizadores interiores que che axuden a atopar doadamente o que necesites. Esquece as complicacións de amorear as cousas unhas enriba doutras para que caiba todo: aposta por un andel adicional co que aproveitar toda a altura do armario ao tempo que protexes o teu enxoval de cociña do desgaste.

Velaquí todos os organizadores de interior
Unha bandexa para cubertos UPPDATERA branca e un especieiro UPPDATERA colocados nun caixón máis pequeno dentro dun caixón que está aberto.
Botes, tarros e un andel adicional VARIERA branco dentro dun armario de parede coa porta de cor gris clara lixeiramente aberta.
Velaquí todos os organizadores de interior

Aproveita a parede como espazo de almacenaxe

Ao poñer orde no teu fogar, pensa en vertical. Para aforrar espazo no chan, podes montar o purificador de aire na parede; un sensor comproba a calidade do aire detectando as partículas para que poidas determinar cando é o momento de acendelo. Ademais, ao engadir andeis e ganchos a unha parede que, doutro modo, quedaría baleira, crearás un espazo de almacenaxe elegante e discreto que conserve o ambiente apracible.

Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire
Un purificador de aire FÖRNUFTIG montado nunha parede morada ao lado de varios ganchos enriba dun andel branco con adornos.
Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire

Unha cociña tranquila e acolledora

O estilo moderno e apracible desta cociña pódese combinar á perfección con cores e materiais que contrasten. Os armarios ben organizados permiten deixar espazo libre no mesado para conseguir un ambiente tranquilo e ordenado. As frontes en gris claro e os electrodomésticos de aceiro inoxidable contrastan coas cores vivas da zona do comedor para crear unha cociña moderna e alegre nun espazo moi pequeno.

Unha cociña con frontes HAVSTORP de cor gris clara cun forno, unha placa de indución cunha pota enriba e unha guía KUNGSFORS con ganchos.