Saltar

Cociña familiar con aire tradicional

Goza dunha cociña tradicional deseñada para a vida dunha familia na actualidade. As frontes de cociña AXSTAD en cor verde agrisada achegan un toque de encanto rústico, mentres que as características modernas, como unha despensa independente, fomentan a orde e a funcionalidade.

Unha cociña iluminada pola luz natural con frontes AXSTAD en cor verde agrisada, complementados por azulexos brancos e detalles de madeira.
Unha cociña iluminada pola luz natural con frontes AXSTAD en cor verde agrisada, complementados por azulexos brancos e detalles de madeira.

Plano da cociña

Esta cociña familiar, coa súa distribución descontinua en forma de U, fornece moito espazo de almacenaxe e de traballo. Conta con dous frigoríficos/conxeladores e un vertedoiro dobre para que todo flúa mellor. Tamén fornece un acceso sinxelo á despensa, con armarios de cociña a xogo.

Plano dunha cociña con forma de U.

Harmonía visual e almacenaxe versátil

Nesta cociña, a mestura de armarios de diferentes tamaños crea un espazo atractivo dende unha perspectiva visual á par que moi funcional. Os armarios máis altos atraen a atención e transmiten unha sensación de altura e amplitude, mentres que as diversas opcións de almacenaxe fornecen espazo para cada artigo de cociña, polo que é máis sinxelo manter a orde.

Unha cociña con frontes AXSTAD en cor verde agrisada cun armario alto aberto, mesados brancos e un pequeno tallo branco.

Unha despensa independente na que perderse

Descubre unha despensa que non só se deseñou pensando na almacenaxe: é unha continuación do estilo e a calidez da cociña. Os armarios a xogo transmiten unha sensación de unidade, mentres que os andeis abertos fan que sexa máis sinxelo mantelo todo en orde. Esta despensa, con cestos e tarros transparentes á vista, fornece un espazo práctico e cómodo que transmite unha sensación acolledora e cálida.

Unha despensa con frontes de cociña AXSTAD en cor verde agrisada, andeis abertos con tarros e cestos, e utensilios de cociña.

Un estilo atemporal para ocuparse das montañas de pratos

Ás veces, as pequenas cousas inspírannos a actuar. Aquí, o estilo tradicional da cociña reálzase coa serie VÄLVÅRDAD, que destaca polo seu encanto e a súa practicidade. Componse de produtos elegantes e funcionais iguais que fan que mesmo fregar os pratos che apeteza un pouco máis.

Un vertedoiro de cociña cunha billa cromada, un escorredoiro para cubertos VÄLVÅRDAD cun cepillo lavalouzas e un dispensador de xabón xunto á fiestra.
Un escorredoiro para pratos VÄLVÅRDAD con pratos sobre un mesado de cociña xunto a un vertedoiro cunha billa cromada e un dispensador de xabón.

Produtos de limpeza sempre á man

E se integras un espazo para produtos de limpeza na despensa? Co accesorio interior de limpeza UTRUSTA, que xunta estilo e utilidade, sempre terás os produtos de limpeza á man. Este produto, integrado no armario de cociña, mantén todo organizado, de xeito que, mesmo cando algo se manche ou se derrame, o teñas todo preparado para limpar sen prexudicar a estética da estancia.

Un módulo de almacenaxe de cociña de cor verde cun accesorio interior de limpeza UTRUSTA cunha vasoira, artigos de limpeza e unha aspiradora, todo perfectamente ordenado.

Pequenos chefs en prácticas

A cociña infantil SILLTRUT fornécelles aos membros máis pequenos da familia un espazo para xogar e aprender. Aquí, os nenos poden xirar os botóns, mover as potas e crear os seus propios pratos imaxinarios. A cor gris clara mestúrase co resto da cociña, o que a converte nun complemento elegante que fomenta a creatividade e o desenvolvemento de habilidades dun xeito moi divertido.

Unha cociña infantil SILLTRUT con potas, tixolas e utensilios de xoguete xunto a un cesto tecido verde cun divertido motivo de moucho.

Encanto rústico, comodidade moderna

Esta cociña combina o encanto do deseño tradicional coa practicidade da vida moderna. Nun espazo cálido, acolledor e equipado con todo o necesario para satisfacer as necesidades do día a día.

 

  • Elegancia rústica: as frontes de cociña de cor verde agrisada danlle certo encanto rural e crean un ambiente apracible e elegante.
  • Variedade funcional: a mestura de armarios de diferentes tamaños non só achega atractivo visual, senón que ademais garante que cada artigo teña o seu sitio para facilitar a organización.
  • Almacenaxe unificada: a despensa independente prolonga o estilo e a calidez da cociña, con armarios e andeis abertos a xogo que crean un ambiente acolledor e axudar a manter a orde.
  • Detalles pequenos con moito impacto: o estilo tradicional dos accesorios de cociña fai que a montaña de pratos sexa algo menos abafante.
  • Organización sen esforzo: os materiais de limpeza intégranse de xeito sinxelo no espazo para que te asegures de telos sempre á man e listos para usar en calquera momento.

Unha cociña luminosa con frontes AXSTAD en cor verde agrisada, mesados brancos e un vertedoiro campestre. O espazo está bañado pola luz natural.