Saltar

Cal é o mellor enxoval de cociña? Como escoller unha tixola.

Cociñar pode converterse nun soño con tixolas de calidade duradeira que ofrecen unha distribución uniforme da calor, son doadas de usar e manteñen o seu bo aspecto tras anos de lavados e aclarados. Pero que tixola se adapta mellor á miña forma de cociñar? Que tamaños preciso? Bótalles unha ollada aos distintos tipos de tixolas e elixe a que mellor se adapte a ti.

Catro tixolas de diferentes estilos e materiais están colocadas sobre unha superficie marrón con diferentes tipos de verduras arredor.

Tixola estándar

Unha tixola tradicional ten o fondo plano cos lados relativamente baixos e lixeiramente inclinados, o que permite que os aceites e as salsas se estendan de xeito uniforme polo fondo da tixola. Porén, ás veces o termo "tixola" inclúe algúns modelos que presentan certas variacións. Non significa que as diferenzas entre tixolas sexan enormes, pero en certos casos, unha tixola pode ser máis profunda e ter unha superficie de cocción maior. Por outro lado, hai cociñeiros/as que utilizan tixolas sen revestimento en aceiro inoxidable, aceiro ao carbono ou ferro fundido.

Unha tixola é un elemento básico da cociña do que non se pode prescindir. Podes utilizar unha tixola para case todo: sofrixir, saltear, enfornar, asar ou fritir con pouco aceite. A principal diferenza é o material (podes ler máis ao respecto na nosa guía de materiais). Pensa nos pratos que máis cociñas e merca a tixola que mellor se adapte á túa forma de cociñar.

Velaquí todas as tixolas
Unha tixola IKEA 365+ de aceiro inoxidable con revestimento antiadherente nunha placa de indución portátil TILLREDA cun ovo fritido.
Velaquí todas as tixolas

Wok

De orixe asiática, o wok serve para todo, dende saltear ata sofrixir. Dispón dunha superficie de fritura bastante pequena na parte inferior, o que permite que os líquidos se concentren no centro, e de paredes altas que se quentan rapidamente e reteñen a calor, o que garante unha cocción uniforme e rápida. Podes remexer os alimentos que estás a cociñar sen que salpiquen accidentalmente, e é doado verter os alimentos con moito líquido nun prato para servir.

Un wok permite dourar e remexer os alimentos, de modo que os fideos e as verduras adquiren unha superficie perfecta. É ideal se cociñas con moitos ingredientes diferentes que están listos decontado. Elixe o tamaño que mellor se adapte ás túas necesidades. O wok quéntase case ao instante, polo que é ideal para preparar unha comida rápida.

Velaquí todos os woks
Un wok MIDDAGSMAT de aceiro inoxidable con revestimento antiadherente está colocado sobre soportes para potas HEAT e contén verduras e fideos.
Velaquí todos os woks

Que tamaño de tixola necesito?

Antes de mercar unha tixola, faite as seguintes preguntas: que tipo de comidas preparo con frecuencia e para cantas persoas? De canto espazo dispoño? Cábeme unha tixola grande ou prefiro dúas máis pequenas? Comproba tamén que as tixolas teñan aproximadamente o mesmo tamaño que as placas de cocción para que se quenten de maneira uniforme.

Servings cm (inch) Description
1-220 cm (7 ¾“)A small pan to fry an omelette to perfection or sauté a side dish of veggies.
2-324 cm (9“)A medium pan to make a meal for a family of three, or two hearty servings.
3-428 cm (11“)A larger pan for a family dinner or when in need of a little more frying space.
5-832 cm (13“)An extra large pan to cook a lot at once, for a big family or lots of guests.

Grella

Unha grella é unha tixola cunha superficie estriada, que é o que deixa nos alimentos as características marcas da brasa e os sabores afumados e acaramelados deste utensilio (especialmente, se a tixola é de ferro fundido). As estrías tamén serven para deixar escorrer a graxa sobrante da comida. Se che gusta o sabor afumado dunha grella ao aire libre, pero non tes acceso a unha, unha grella de cociña é o utensilio que precisas.

Un filete selado, costeletas de porco, salmón ou vieiras son só algunhas das apetitosas receitas que se poden preparar doadamente nunha grella. O polo, as patacas ou os espárragos fritidos na tixola saen deliciosos, e tamén podes acaramelar pexego ou piña. Se che gusta darlles un toque afumado aos teus pratos, unha grella ofréceche o que unha tixola normal non pode.

Velaquí todas as grellas
Unha grella VARDAGEN de ferro fundido contén queixo á prancha e anacos de melón, e ao lado hai unha ensaladeira.
Velaquí todas as grellas

Tixola para saltear

Unha tixola para saltear é un híbrido entre unha cazarola e unha tixola: ten un tamaño semellante ao dunha tixola normal, pero os lados son máis verticais e altos. O diámetro dunha tixola mídese pola parte superior e non pola inferior, o que significa que unha tixola para saltear, cos seus lados rectos, ten unha superficie de cocción efectiva maior que a dunha tixola convencional de tamaño equivalente. Deste xeito, é posible cociñar máis alimentos ao mesmo tempo cunha distribución uniforme da calor. As tixolas para saltear adoitan traer tapa, o que resulta práctico se a comida debe cociñarse lentamente.

Unha tixola para saltear pode utilizarse para saltear, escalfar, estufar e fritir. A súa gran superficie de cocción fai que sexa ideal para receitas que requiren remexer os ingredientes durante moito tempo, para pratos con moito líquido espeso ou cando hai que cociñar moitos alimentos ao mesmo tempo. Son estupendas para reducir salsas, cociñar risottos e saltear verduras. Se adoitas cociñar para unha familia numerosa ou tes visitas a miúdo, elixe unha tixola para saltear grande.

Velaquí todas as tixolas para sofrixir
Un risotto cremoso repousa nunha tixola para saltear IKEA 365+ de aceiro inoxidable, e ao seu lado hai tres pratos fondos FÄRGKLAR con risotto.
Velaquí todas as tixolas para sofrixir