Saltar

A cociña: o teu centro de reunión familiar

Esta cociña, o corazón da casa, pode afrontar todo o atafego e boureo da vida familiar. Ofrece mobles acolledores, numerosas características intelixentes e espazo para que participedes todos.

Unha cociña de estilo tradicional en cor branca e negra cunha mesa de comedor NORDVIKEN de cor branca rodeada por tres cadeiras e un banco de piñeiro.

Aproveita ao máximo o teu vertedoiro

Tanto se o usas como escorredoiro, para os accesorios de vertedoiro ou para enxaugar e escorrer verduras, este coador ten moitas prestacións intelixentes para que o espazo do vertedoiro resulte moito máis versátil. Ademais, grazas aos soportes que sobresaen dos bordos do vertedoiro, podes ter as mans libres para cociñar e encargarte doutras tarefas.

Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD
Un escorredoiro negro con verduras enriba dun vertedoiro HAVSEN branco. Á súa beira, hai unha táboa de cortar no mesado.
Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD

Un fogar para toda a túa comida

Queres controlar toda a comida que tes? Proba esta práctica despensa. Ten dous estantes: un de pouca profundidade fixado á porta e outro máis profundo que se despraza cara adiante cando abres a porta. O resultado? Ningún dos dous é excesivamente profundo, de modo que non é posible que se perdan as cousas no fondo e non as atopes ata que pase a data de caducidade.

Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD
Unha despensa extraíble UTRUSTA nun armario de cociña alto de cor branca cheo de diferentes tipos de alimentos secos en cada andel.
Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD

Andeis (e pratos) ao teu alcance

Pon as vitrinas directamente sobre o mesado para que a cativada chegue mellor aos pratos e cuncos. Cos pomos e tiradores SKRUVSHULT engadidos, terán o agarre que necesitan para abrir as portas. Proba con este portapratos para que sexa máis doado levar os pratos á mesa (independentemente de a quen lle toque facelo).

Un armario ENKÖPING con portas brancas de vidro sobre un mesado con recipientes, pratos e xerras, e un soporte para pratos ao lado.

A ledicia de reunirte con quen máis queres

Cando está totalmente estendida, esta ampla mesa garante que sempre haxa un espazo acolledor para que a familia e as amizades se reúnan, desde os almorzos de primeira hora ata os festíns nocturnos. As cadeiras a xogo e os coxíns suaves e cómodos completan o conxunto cun estilo acolledor.

Velaquí todos os conxuntos de comedor
Unha mesa branca NORDVIKEN con tres cadeiras arredor e unha lámpada de teito negra sobre ela no recuncho dunha cociña, á beira da porta.
Velaquí todos os conxuntos de comedor