Saltar

Cinco ideas para facer de cada cea un momento especial

Por que reservar as festas para os fins de semana, os aniversarios ou outras celebracións? Converte cada comida nunha ocasión especial! A receita do éxito? Convida familiares e amizades, escolle ingredientes sinxelos con instrucións doadas e pon a mesa cunha vaixela elegante, doada de amorear e apta para microondas e lavalouzas.

Varios pratos e cuncos OFTAST brancos cheos de comida e colocados sobre un mantel de cadros brancos e negros.

Prepara o ambiente antes de empezar a cociñar

Non hai que facer gran cousa para crear un ambiente máis agradable e menos estresante no teu fogar, mesmo despois dun día atarefado. Sirve pequenos cuncos con aperitivos para saciar a fame, acende unhas candeas e pon a túa música favorita para crear unha atmosfera acolledora. Cando xa estean todos e todas na cociña, poden axudar a poñer a mesa e preparar os ingredientes como se dun xogo de nenos se tratase.

Velaquí toda a vaixela
Pratos e cuncos brancos da colección OFTAST sobre unha mesa, algúns amontoados enriba doutros, e dous vasos FRÖVÄXT.
Velaquí toda a vaixela

Sirve as verduras de forma apetitosa

Como primeiro comemos cos ollos, a forma en que dispoñas a comida cambiará por completo a experiencia gastronómica. Corta as verduras en bastóns finos e sírveas en vasos para darlles un toque colorido e apetitoso. Cun prato xiratorio, estarán o alcance de calquera comensal.

Unha man fai xirar lentamente un prato xiratorio APTITLIG sobre o que hai vasos POKAL con verduras e un cunco OFTAST con salsa.
Un prato xiratorio APTITLIG de bambú presenta catro vasos POKAL con verduras de cores e un cunco OFTAST branco con salsa.

Inspírate con ideas de presentación sinxelas para realzar o teu día a día

A presentación é o máis importante, por iso a comida das revistas ou os programas de cociña adoita semellar máis apetitosa que a que se prepara no fogar. Pero non fai falta ser chef profesional para preparar unha cea deliciosa. Deixa as potas e as tixolas na cociña e sirve a comida directamente nos pratos, como se fose un restaurante. Consigue un toque máis refinado cun pouco de gornición por enriba, un pano de mesa de tea a un lado e auga nunha copa.

Un prato fondo OFTAST branco cunha colorida pasta estival. Ao lado, hai unha copa de viño SVALKA con auga con burbullas.

Elixe unha presentación familiar para as grandes celebracións

Gozar dunha comida cos teus seres queridos é divertido e non ten por que implicar horas e horas na cociña. Non te compliques e sirve os ingredientes en cuncos que poidan pasarse. Que cada quen prepare os seus propios tacos, por exemplo. É unha actividade moi divertida para converter unha cea cotiá nunha festa (e unha grande idea se hai comensais meticulosos ou con restricións alimentarias). Pasácheste cociñando? Non hai problema: tapa os cuncos, méteos na neveira e come as sobras o día seguinte.

Velaquí a serie OFTAST
Unha mesa cun mantel a raias sobre a que hai varios cuncos e pratos fondos OFTAST en branco, con ingredientes para preparar unha cea de tacos mexicanos.
Velaquí a serie OFTAST

Goza dunha boa sobremesa

Toda boa celebración precisa un doce! E non ten por que conter toneladas de azucre: podes satisfacer os caprichos de calquera lambón ou lambona con froitas silvestres ou froitas de cores. Sírveas en copas para que semellen aínda máis apetitosas, e engade un extra de vitaminas a calquera comida. Se queres darlles un toque máis festivo, pon as copas enriba de pratos con panos de mesa de tea doados de lavar, un truco que tamén evitará ensuciar demasiado a mesa mentres comedes.

Velaquí a serie SVALKA
Unha copa de viño SVALKA cunha sobremesa con froitas silvestres colocada sobre un prato branco OFTAST cun pano de mesa VIPPSTARR.
Velaquí a serie SVALKA