Saltar

Un espazo de traballo que se axusta ás túas necesidades

Ti mandas, así que podes cambialo todo segundo te conveña. Velaquí algunhas ideas sobre ergonomía, iluminación, almacenaxe e comida á hora de traballar.

Unha cadeira de oficina FLINTAN negra, un moble de caixóns HELMER xunto un escritorio sentado/de pé RODULF gris cunha lámpada de traballo e unha pantalla de ordenador.
Unha cadeira de oficina FLINTAN negra, un moble de caixóns HELMER xunto un escritorio sentado/de pé RODULF gris cunha lámpada de traballo e unha pantalla de ordenador.

As longas xornadas laborais semellan máis curtas cunha cadeira cómoda

Se sumas todas as horas que pasas no escritorio, verás que unha cadeira de oficina axustable que che ofreza un soporte ergonómico axeitado é o mellor investimento que podes facer. Así que, por que non lle fas un favor ao teu corpo? Co tempo, haberacho agradecer...

Velaquí todas as cadeiras de oficina
Unha muller de costas sentada nunha cadeira FLINTAN negra cun escritorio sentado/de pé RODULF gris cun ordenador, unha lámpada de traballo e un moble de caixóns.
Velaquí todas as cadeiras de oficina

Proba cun escritorio sentado/de pé

Unha estación de traballo axustable en altura fai que esteas en movemento todo o día, é boa en termos de ergonomía e axuda a fortaleceres os músculos. O feito de cambiares entre estar de pé e sentado reduce a sensación de cansazo.

Velaquí todos os escritorios e mesas para ordenador
Unha oficina na casa cunha muller de pé nun escritorio sentado/de pé RODULF gris cun ordenador, unha lámpada de traballo e un moble de caixóns.
Velaquí todos os escritorios e mesas para ordenador

A organización de caixóns botarache unha man

A mellor almacenaxe non ten por que ser a que ten máis capacidade. Un moble de caixóns para ter as cousas organizadas e fáciles de atopar é case como ter un asistente á man, especialmente se ten rodas!

Moble de caixóns HELMER negro cun caixón semiaberto e unha bandexa cun vaso de auga enriba xunto un escritorio e unha cadeira de brazos.

Dobre función para aforrar espazo e manter a orde

Unha lámpada de traballo cun cargador integrado axudarache a ter unha mellor iluminación e aforrarás desgustos do tipo "Vaites! Non carguei o móbil!". Un soporte de monitor con almacenaxe integrada e xestión de cables non só che aforrará máis dunha dor de pescozo, senón que tamén che axudará a manter o escritorio ordenado.

Velaquí a serie de iluminación NYMÅNE
Lámpada de traballo LED NYMÅNE branca cun teléfono cargando na base, unha pantalla de ordenador sobre un soporte e un caixón aberto.
Velaquí a serie de iluminación NYMÅNE

Non quedes sen enerxía

Traballar desde a casa significa, moitas veces, comer no escritorio. Éche o que hai... así que por que empeñarse en loitar cotra iso? Colle unha bandexa na que comer comodamente e usa uns prácticos botes con tapa para conservar máis fresco o que queiras picar.

Velaquí todas as friameiras
Un bote DAGKLAR nun vaso de vidro transparente cun pudin de chía e froitos vermellos e un recipiente metálico con froitos secos a carón dun prato de froita nunha bandexa.
Velaquí todas as friameiras

Para cousas miudiñas, miudiñas

Ten organizado escritorio mantendo o material de oficina pequeno en orde. Un clásico organizador de escritorio pode axudarche a conseguilo. Ademais, podes complementalo con arquivadores e bandexas para cartas.

Velaquí todos os accesorios de escritorio
Dous andeis cun organizador de escritorio de malla DRÖNJÖNS branco con material e oficina, floreiros e arquivadores DRÖNJÖNS.
Velaquí todos os accesorios de escritorio