Saltar

Seis ideas de decoración para mellorar a produtividade e a creatividade no teu espazo de traballo

A túa zona de estudo paréceche aburrida? Bótalle unha ollada a estas ideas sinxelas para encherte de enerxía e concentrarte mellor nun espazo máis inspirador, organizado e acolledor que che axudará a mellorar a creatividade e a produtividade sen gastar unha fortuna.

Un espazo de traballo ben organizado, cun escritorio con lámpadas de traballo, estantes KALLAX en negro-marrón e taboleiros perforados SKÅDIS na parede.
Un espazo de traballo ben organizado, cun escritorio con lámpadas de traballo, estantes KALLAX en negro-marrón e taboleiros perforados SKÅDIS na parede.

Cambia de perspectiva

Se queres despexar un pouco o teu espazo de traballo, cambia a disposición do escritorio. Trátase dun cuarto demasiado pequeno? Pono nun lateral e ordena os libros e documentos en librarías ou estantes. Son ideas moi sinxelas que poden cambiar o ambiente do cuarto e axudarche a pensar con máis claridade.

Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador
Un escritorio KALLAX en branco con arquivadores DRÖNJÖNS e KUGGIS, unha lámpada de escritorio beixe acesa e unha cadeira xiratoria en branco.
Unha sala de estar cunhas librarías BILLY de chapa de carballo, unha cadeira xiratoria beixe e dous escritorios TONSTAD, un ao lado do outro, detrás dun sofá.
Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador

Activa os teus cinco sentidos coa decoración sen saírte do orzamento

Converte o teu espazo de traballo no teu recuncho favorito da casa. Desde candeas aromáticas ata texturas agradables, a decoración sensorial que estimula o olfacto, a vista, o oído, o gusto e o tacto pode unificar o espazo e facer máis levadías as horas de estudo e traballo.

Un pequeno espazo de traballo doméstico cunha cadeira xiratoria LOBERGET/MALSKÄR branca cunha pel de ovella ULLERSLEV a carón dun escritorio KALLAX en branco.
Unha candea ADLAD con aroma a fragas escandinavas acesa nun vaso e unha cunca de gres enriba dun escritorio KALLAX branco.
Un purificador de aire FÖRNUFTIG negro entre dúas lámpadas de mesa SOLKLINT de latón/vidro transparente gris enriba dun andel de parede branco.
Cristais de varias cores enriba dunha bandexa SMÖRLING de madeira maciza de faia a carón dun floreiro de cristal con plumas dentro.
Dous taboleiros perforados SKÅDIS brancos con accesorios debaixo dun andel con libros e un purificador de aire UPPÅTVIND.

Lámpadas que iluminan o escritorio e o teu día

Se tes pouca luz no teu espazo de traballo, cansaráseche a vista e sentirás que tes menos enerxía, aínda que non sexa así. Aínda que podes combinar moitos tipos de iluminación, como a luz xeral, a focalizada ou a ambiental, a máis importante é a luz directa. Bótalle unha ollada á nosa ampla gama de lámpadas de escritorio. Anímaste cunha de cores vistosas ou cunha forma divertida?

Velaquí todas as lámpadas de traballo
Unha lámpada de escritorio FLOTTILJ azul escuro diante dun taboleiro perforado SKÅDIS branco e a carón dunha cunca, cadernos e lapis enriba dun escritorio branco.
Unha lámpada LED portátil NÖDMAST a pilas de cor rosa claro/gris escuro-verde colocada sobre uns manteis individuais de cores ao lado dun vaso azul.
Un aro de luz con soporte para móbil LÅNESPELARE axustable enriba dun escritorio branco. Ao fondo hai varios artigos de oficina.
Unha lámpada de traballo SVALLET en branco e gris escuro enriba dun escritorio e un taboleiro perforado cun recipiente con tapa na parede de detrás. A lámpada está acesa.
Unha lámpada de traballo LED regulable con almacenaxe BRUNBÅGE de cor turquesa enriba dun escritorio branco. Nela hai tres lapis brancos e un smartphone.
Velaquí todas as lámpadas de traballo

Relaxa a mente e espera a que che veña a inspiración

Caíches en que as mellores ideas xorden cando deixas de intentalo? Anota o que se che pase pola cabeza e deixa de pensar niso. Bota unha sesta, dáte un paseo, saborea un café ou charla cos amigos. Cando volvas mirar as notas, seguro que ves as cousas desde unha perspectiva completamente diferente.

Un grupo de persoas reunidas nunha sala de estar. Unha destas persoas está sentada nun sofá cama de tres prazas ÄLVDALEN de cor gris escuro e sostén unha planta.
Unha lámpada de pé/lectura NYMÅNE branca e unha cadeira de brazos POÄNG negra en chapa de bidueiro a carón de varios armarios IVAR e un altofalante Bluetooth.

Saca partido a eses cinco minutos de descanso

Aproveita os descansos para facer algo de ioga, tomar un café con labras de chocolate ou repoñer forzas cun aperitivo. Aínda non se che ocorreu esa idea que agardabas? Deixa a mente en branco e empeza a facer garabatos mentres che vén a inspiración.

As plantas fomentan a creatividade

Se queres conseguir un ambiente agradable e acolledor no teu espazo de traballo, proba con varias plantas. A alegría de velas medrar axudarache a estar sempre de bo humor, algo moi positivo para fomentar a creatividade.

Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas
A luz do sol entra por unha fiestra e ilumina unhas exuberantes plantas situadas nunha estrutura MITTZON branca con varios recipientes.
Unha lámpada de traballo con base de carga sen fíos NYMÅNE branca enriba dun escritorio, a carón do peitoril dunha xanela con plantas e un purificador de aire UPPÅTVIND.
Velaquí todos os soportes e xardineiras con rodas

Usa a decoración para mellorar a túa produtividade

Gustaríache concentrarte mellor? Converte o teu espazo de traballo nun punto de motivación diario cun panel visual personalizado. Decórao con citas motivadoras, obxectos que te inspiren e imaxes que che axuden a soñar co futuro e a non perder de vista os teus obxectivos. Trátase dunha solución sinxela pero moi eficiente para motivarte e encherte de enerxía.

Velaquí todos os taboleiros de notas
Unhas fotos e varias citas nun taboleiro de notas con clips SÖSDALA negro enriba dun escritorio cunha lámpada de traballo SVALLET, unha cunca e un soporte para tableta.
Dous coxíns, unha planta e dous taboleiros perforados SKÅDIS de cor branca con varios accesorios SKÅDIS e obxectos decorativos.
Velaquí todos os taboleiros de notas