Saltar

Os mobles TROTTEN adáptanse ao teu negocio en crecemento

Da casa ata o máis alto! Felicidades polo crecemento do teu negocio. Descubre como o sistema TROTTEN se adapta sen problemas ás necesidades cambiantes da túa oficina con mobles multifuncionais e unidades prácticas.

Taboleiro de notas dun lado, encerado do outro

Este taboleiro permíteche escribir recordatorios dun lado e fixar cousas do outro. É moi fácil de montar sobre o escritorio e pódese utilizar como divisor entre distintos espazos de traballo.

Velaquí o sistema TROTTEN
Un taboleiro TROTTEN sobre un escritorio TROTTEN branco, coa fotografía dunha rúa e o debuxo dun paxaro.
Velaquí o sistema TROTTEN

Caixón con peche arriba e amplia almacenaxe debaixo

Esta unidade de caixóns intelixente e lixeira ten sitio abondo para gardar as túas pertenzas máis privadas, como carteiras, teléfonos e documentos importantes, nun caixón con peche e, por outra parte, tamén che permite gardar obxectos máis grandes como cascos de bicicleta e mochilas voluminosas no estante inferior.

Unha unidade de caixóns TROTTEN de cor branca co caixón con peche aberto no que se pode ver un teléfono e varias axendas.

Almacenaxe móbil e espazo adicional todo nun

Leva esta cómoda unidade de almacenaxe con rodas onde máis falta che faga ou onde necesites un lugar adicional para sentar durante unha reunión rápida. Verás como a tapa de bambú lle transmite naturalidade e sosego ao cuarto no que esteas.

Unha unidade de almacenaxe branca con rodas e a tapa de bambú aberta ao lado dun escritorio, dentro hai un bolso beixe.

Un lugar flexible para reunións e choivas de ideas

As mesas e taboleiros fáciles de mover permítenche reconfigurar nun chiscar de ollos calquera espazo que necesites. Ademais, o deseño permíteche aproveitar a almacenaxe que ofrecen entre sesións.

Unha mesa branca transportable cun portátil e unha cunca por riba, dous taboleiros independentes de dúas caras formando un lugar de reunións.

Utiliza armarios para gozar dunha almacenaxe que estea sempre á man

Estes armarios teñen dobre cara, con almacenaxe aberta e fechada accesible dende ambos lados. Pero tamén actúan como divisores de espazos ideais, en especial cun taboleiro de notas a maiores.

Unha oficina ampla con armarios de dúas caras con almacenaxe aberta e fechada utilizada como separadores de espazos.

Un espazo de oficina eficiente no que traballar en equipo

Os escritorios TROTTEN pódense utilizar para montar a túa oficina na casa ou en oficinas, como lugar no que traballar en equipo. As patas con forma de A maximizan o espazo e evitan que haxa cousas no medio. Súmalles unhas cadeiras a maiores e o teu espazo de oficina estará listo.

Velaquí o sistema TROTTEN
Unha oficina luminosa e ampla con escritorios TROTTEN combinados para conformar áreas colaborativas.
Velaquí o sistema TROTTEN