Deseño propio: 6 ideas para creares o teu escritorio persoal
O teu escritorio, as túas normas. En IKEA, poderás combinar facilmente taboleiros, cabaletes ou patas para deseñar a configuración que che veña mellor. Ti decides se queres algo rechamante, sinxelo, natural, con moito espazo de almacenaxe ou todo o anterior.
Ademais, como a vida cambia, o teu escritorio tamén: axusta a altura, engádelle caixóns ou cambia as patas segundo cambien as túas necesidades. Desde estudar toda a noite para un exame ata o teu primeiro traballo. E como hai alternativas para todos os orzamentos, non tes que renunciar ao estilo nin á funcionalidade. Aquí mostrámosche como crear un escritorio con personalidade.
