Saltar

Crea unha mesa de ocio flexible para toda a familia

Na actualidade, para moitas persoas as afeccións van acompañadas da presión de ter que convertelas nun negocio ou gañar seguidores en Internet. Pode que a algunhas lles funcione, pero tamén pode facerche esquecer por que entraches nese mundo. Cando te atopes nesta encrucillada, será o momento de volver ás túas raíces. Apaga as redes sociais e crea un recuncho de ocio como os de antes no teu fogar, un lugar que poidas compartir con toda a familia pero que tamén se sinta persoal. Paréceche imposible? Pois é máis sinxelo do que semella. Mesmo nos fogares máis atafegados, unha mesa de traballos manuais pode converter este desexo en realidade. Cun escritorio espazoso como VITTSJÖ e moreas de opcións de almacenaxe, todos os membros da familia terán a posibilidade de gozar da súa paixón en privado. E, ao rematar, a mesa quedará ordenada e a punto para quen veña despois. Porque a túa afección merece un lugar persoal, libre de presións e totalmente teu.
Vista cenital dunha persoa facendo traballos manuais con perlas de cores almacenadas nun accesorio KUGGIS branco con cinco compartimentos sobre unha mesa.

A falta de espazo non é problema

Non todos os fogares teñen espazo de sobra, sobre todo na sala de estar. Porén, ás veces abonda con mirar as cousas dende outro ángulo. Tes un recanto sen usar porque é demasiado pequeno para poñer un sofá ou unha mesa de comedor? Podería ser perfecto para o escritorio VITTSJÖ. Ese podería ser o lugar que estás a procurar. E sabes que é o mellor? Practicamente só precisas un espazo onde caiba o escritorio, xa que, como veremos máis adiante, a almacenaxe intelixente apenas ocupará espazo no chan.
Un espazo de traballo compartido cun escritorio VITTSJÖ en negro-marrón cunha cuberta de cristal, unha cadeira, caixas de almacenaxe e unha lámpada.

A falta de espazo non é problema

Non todos os fogares teñen espazo de sobra, sobre todo na sala de estar. Porén, ás veces abonda con mirar as cousas dende outro ángulo. Tes un recanto sen usar porque é demasiado pequeno para poñer un sofá ou unha mesa de comedor? Podería ser perfecto para o escritorio VITTSJÖ. Ese podería ser o lugar que estás a procurar. E sabes que é o mellor? Practicamente só precisas un espazo onde caiba o escritorio, xa que, como veremos máis adiante, a almacenaxe intelixente apenas ocupará espazo no chan.

Un escritorio feito para que o compartas

VITTSJÖ en negro-marrón proporciónache unha mesa de ocio robusta e perfecta para o día a día. Está feita, principalmente, de metal e loce unha estética depurada e descargada que combina moi ben coa túa decoración, sen engadir volume a un fogar que xa podería estar bastante cheo. A superficie xenerosa ofrece espazo dabondo para somerxerse en calquera afección, xa sexa pintar, construír crebacabezas ou facer traballos manuais. Os andeis abertos de debaixo, que están feitos parcialmente de cristal, son perfectos para gardar as ferramentas e os materiais ao alcance da man (pero non esquezas marcar cales son os teus!). E os cables? Apenas se ven, xa que os clips autoadhesivos os manteñen quietos e fóra da vista. E, por último, as patas regulables manteñen a estabilidade mesmo en chans imperfectos.

Máis é menos (desorde)

Para que unha mesa de ocio flexible sexa máis eficaz, cada persoa debería ter o seu propio lugar para gardar os materiais, os dispositivos e as ferramentas. Deste xeito, poderás centrarte na túa afección sen ter que aturar a desorde dos demais. Ademais de ter un aspecto divertido, os andeis de parede EKET tamén son enormemente útiles. Xuntos, ofrécenche unha gran capacidade de almacenaxe sen ocupar demasiado espazo, e son perfectos para lucir as túas últimas creacións. Nos caixóns, podes gardar as cousas pequenas que teñen tendencia a perderse (ou que queres protexer dos membros máis curiosos da familia). Engade taboleiros perforados SKÅDIS para colocar as pinturas, os fíos e outros materiais. Para maximizar a almacenaxe, coloca unhas caixas KUGGIS nuns carriños, gárdaos debaixo dos armarios e sácaos cando os precises. Con tal nivel de organización, o teu espazo de ocio converterase nun lugar onde cada vez quererás pasar máis tempo.

Engalana a túa mesa de ocio

Só falta unha cousa: dar un pouco de personalidade ao teu recanto de ocio. Combina a lámpada de traballo LED NÄVLINGE cunha lámpada de teito agradable como GULLSUDARE e crea un lugar perfecto para erguerte cedo pola mañá en inverno ou alongar a noite cando che asalte a inspiración tras deitar os pequechos. Unha boa iluminación é esencial para que calquera persoa poida ver ben aquilo no que está a traballar, independentemente da súa idade. O soporte para tableta RELATERA é moi práctico cando precisas algo de inspiración visual ou unhas instrucións detalladas. Ademais de ofrecerche un apoio excepcional, a cadeira xiratoria MULLSJÖ coida as túas costas durante a sesións creativas. Por último, unha alfombra agradable pode ser o nexo que una todo o espazo, ademais de que pode manter os pés quentiños mentres te concentras nas túas cousas.