Saltar

Como traballar con inspiración na casa

Descubre xeitos económicos de personalizar o teu espazo de traballo e engadir creatividade. Para motivarte, inspirarte e encherte de enerxía mentres traballas desde a casa.

Un espazo de traballo doméstico vibrante cun armario BAGGEBO con portas de vidro personalizado con flores artificiais SMYCKA.
Un espazo de traballo doméstico vibrante cun armario BAGGEBO con portas de vidro personalizado con flores artificiais SMYCKA.

Un escritorio que se move contigo

Traballa. Calceta. Pinta. Come. E todo con comodidade. Os escritorios para traballar sentado ou de pé permítenche cambiar de posición para que traballes e te sintas mellor durante o día.

Velaquí todos os escritorios para estar de pé
Un espazo de traballo vibrante nunha sala de estar con escritorio TROTTEN, unha cadeira de oficina FLINTAN, un armario BAGGEBO e un soporte para teléfono KRUBBET.
Velaquí todos os escritorios para estar de pé

Mellora o teu ánimo con música e arte

Escoita a túa lista de reprodución favorita. Ou mellor un podcast. E controla os sons que te arrodean desde a comodidade do teu escritorio co mando a distancia de son e os marcos altofalantes SYMFONISK. Podes pendurar o altofalante na parede. E cambiar o panel frontal para decoralo como queiras.

Velaquí todos os altofalantes wifi
Unha muller sostendo un mando a distancia SYMFONISK diante dun marco altofalante SYMFONISK e unha lámpada de chan REGNSKUR.
Velaquí todos os altofalantes wifi

Todo vai sobre rodas cando queres traballar

Os carriños de almacenaxe axúdante a crear un espazo fluído no escritorio. Unha zona sen desorde onde podes traballar ou dar vida aos teus proxectos creativos. Usa un carriño para traballar. E un carriño para xogar. Éncheo de pintura, plantas ou petiscos e bebidas para as xuntanzas despois do traballo. Déixate levar polas ideas.

Velaquí todos os carriños
Un carriño NISSAFORS branco no que hai arquivadores de revistas NIMM, un soporte para teléfono KRUBBET e unha planta.
Velaquí todos os carriños

Faino teu

Un moble simple, como un tallo MARIUS, pode ser un lenzo en branco á espera dunha transformación artística. Un asento que fornece funcionalidade e liberdade para engadirlle personalidade e estilo.

Velaquí todos os tallos
Un tallo MARIUS negro personalizado con pompóns de cores para ter unha funda de asento acolchada e creativa.
Velaquí todos os tallos

Xunta as túas ideas

Pon unha chincheta ao teu horario ou aos recordatorios. E pendura os teus materiais favoritos, fotos e citas motivadoras para converter un simple taboleiro perforado nun taboleiro de recordos inspirador.

Velaquí todos os taboleiros perforados
Unha parede dun espazo de traballo na que hai cinco taboleiros perforados SKÅDIS un ao lado do outro, cheos de marcos, debuxos e obras de arte.
Velaquí todos os taboleiros perforados

Abre a túa propia galería

Por que agardar á fin de semana para a túa dose de cultura? Usa unha unidade auxiliar IVAR para organizar a túa exposición con todas as obras de arte que che gustan. Así poderás sentir a motivación e a inspiración todos os días.

Velaquí o sistema IVAR
Un recuncho dunha sala cunha unidade auxiliar IVAR que se usa como galería en escaleira na que se amosan diferentes obras de arte xunto a un sofá KLIPPAN.
Velaquí o sistema IVAR

Busca accesorios que te axuden a conservar a inspiración

Empeza a buscar xeitos económicos de personalizar o escritorio e o espazo de traballo.