Saltar

Como traballar comodamente desde a sala de estar

Traballar na sala estar? Por que non? É un xeito sinxelo de atopar o espazo de traballo que precisas na casa e de pasar algo máis de tempo coa familia.

Unha sala de estar cunha pequena estación de traballo nunha esquina, un soporte para ordenador portátil xunto unha cadeira de brazos con coxíns e unha chaiselongue.
Unha sala de estar cunha pequena estación de traballo nunha esquina, un soporte para ordenador portátil xunto unha cadeira de brazos con coxíns e unha chaiselongue.

Escritorios de mesa de comedor dobres

Ponlle rodas á túa mesa de comedor de dúas pezas para convertela facilmente nunha estación de traballo para dous, con diferentes disposicións, para manterdes a privacidade ou para traballardes en equipo. E cando chegue a hora de xantar, podédela poñer outra vez como mesa de comedor.

Velaquí todas as mesas e sistemas de escritorio
Dúas mesas grises feitas con mesados LAGKAPTEN en gris escuro e patas KRILLE brancas con rodas, lámpadas de traballo e varias cadeiras.
Velaquí todas as mesas e sistemas de escritorio

Observa as cousas baixo unha nova luz

Unha lámpada de pé/traballo non só che ofrece luz para traballar, senón que tamén a podes empregar para a mesa de comedor. Este dobre uso xa está moi ben, pero é que ademais ten un cargador integrado. Mellor que mellor, non?

Velaquí a serie de iluminación NYMÅNE
Unha lámpada de traballo NYMÅNE con cargador integrado no bordo dunha mesa, xunto un vaso de auga e unha morea de libros.
Velaquí a serie de iluminación NYMÅNE

Cae de caixón

Coas cousas que precisas para traballar en sistemas de almacenaxe accesibles, como caixóns, podes poñerte a traballar onde queiras na casa. Igual de rapidamente, podes recollelo todo ao final do día.

Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe
Dous caixóns KNAGGLIG encastelados con libros, dúas bandexas para documentos de madeira e uns libros sobre un armario verde.
Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe

Traballa desde a cadeira de brazos cun soporte para portátil

Traballar desde a cadeira de brazos ou o sofá pode ser un cambio de ritmo interesante na túa xornada laboral. Con este sólido soporte para portátil preto poderás traballar comodamente con todo o que precisas á man (como a cunca nun pousavasos).

Velaquí todas as mesas para portátiles
Un portátil nun soporte BJÖRKÅSEN beixe, unha alfombra de xute, unha cadeira de brazos con coxíns grises escuros e unha lámpada de lectura branca.
Velaquí todas as mesas para portátiles

Pon un espazo creativo para os nenos

Un recuncho infantil para o estudo e a creatividade integrará todos os membros da familia nun espazo compartido. Tamén é unha boa forma de supervisar que os deberes se fan sen sobresaltos.

Velaquí todos os escritorios infantís
Un escritorio infantil SMÅGÖRA branco cunha cadeira xiratoria, un carriño negro, un taboleiro de notas con pinzas e debuxos, e unha lámpada de parede.
Velaquí todos os escritorios infantís

Presume as obras de arte da familia cun taboleiro de notas

En todo fogar familiar, os debuxos infantís ocupan un lugar destacado. Un taboleiro de notas con pinzas fai máis sinxelo cambiar as obras de arte segundo o motivo da exposición.

Velaquí todos os taboleiros de notas
Un taboleiro de notas SÖSDALA negro con pinzas nunha parede branca con varios debuxos e traballos manuais pendurados.
Velaquí todos os taboleiros de notas