Como obter a configuración de escritorio de gaming perfecta
Unha estupenda solución de gaming require máis que calquera combinación de escritorio e cadeira. Trátase dun espazo no que pasarás moitas horas, polo que é clave conseguir a comodidade e a ergonomía axeitadas. Engade algo de organización para manter todo o teu equipo á vista, ademais da iluminación axeitada para crear o ambiente perfecto, e teralo todo a punto para obter mellores puntuacións ca nunca.



- Páxina de información do produto
Os accesorios de gaming axeitados
Con algúns accesorios, as túas sesións de gaming poden resultar máis cómodas e agradables. Velaquí algunhas suxestións:
- Altofalantes wifi SYMFONISK para conseguir un son excelente
- Regulador de intensidade sen fíos para cambiar a iluminación facilmente
- Soporte para o cable do rato para que poidas movelo sen que se enguedelle
- Práctico soporte para auriculares
- Vasos antiderramas para as bebidas mentres xogas
- Coxíns para que teñas a comodidade e os apoios que precises