Saltar

Atopa o teu lugar favorito para traballares desde a casa

As solucións para os retos que supón traballar desde a casa están en máis espazos dos que pensas. Por suposto, un espazo dedicado só ao traballo é ideal, pero tamén hai xeitos de facer un uso intelixente dun espazo compartido con solucións flexibles que podes agochar.

Unhas mans collen un obxecto dun organizador de escritorio branco enriba de dous mesados unidos con papeis de traballo e unha lámpada de traballo branca.
Unhas mans collen un obxecto dun organizador de escritorio branco enriba de dous mesados unidos con papeis de traballo e unha lámpada de traballo branca.

De mesa de comedor a dous escritorios

Ponlle rodas á túa mesa de comedor de dúas pezas para convertela facilmente nunha estación de traballo para dous, con diferentes disposicións: unha para manterdes a privacidade e outra para traballardes en equipo. E cando chegue a hora de xantar, podédela poñer outra vez como mesa de comedor.

Velaquí todas as mesas e sistemas de escritorio
Dúas mesas grises feitas con mesados LAGKAPTEN en gris escuro e patas KRILLE brancas con rodas, lámpadas de traballo e varias cadeiras.
Velaquí todas as mesas e sistemas de escritorio

A estación de traballo na casa perfecta para ti

No teu espazo de traballo na casa, o escritorio, a iluminación e a almacenaxe deben estar configurados exactamente para ti. E por suposto, a cadeira tamén! Cunha cadeira de oficina axustable co respaldo ergonómico gozarás dunha maior comodidade e produtividade no teu día a día.

Velaquí todas as cadeiras de oficina
Unha muller de costas sentada nunha cadeira FLINTAN negra cun escritorio sentado/de pé RODULF gris cun ordenador, unha lámpada de traballo e un moble de caixóns.
Velaquí todas as cadeiras de oficina

Un espazo compacto e ben aproveitado para traballar no recibidor

Cun escritorio estreito, unha cadeira de oficina fácil de recoller e almacenaxe na parede, podes facer de practicamente calquera zona que non utilices un espazo de traballo (mesmo dous!). Sorprenderaste coa de ideas que che poden servir.

Velaquí todos os escritorios para casa
Un recibidor con dous escritorios LILLÅSEN, dúas cadeiras de oficina LÅNGFJÄLL en beixe/branco, tres lámpadas de teito e diferentes solucións de almacenaxe.
Velaquí todos os escritorios para casa

Traballa desde o sofá cun soporte para portátil

Ás veces está ben poder traballar desde a cadeira de brazos ou o sofá. Cun soporte para portátil preto poderás traballar comodamente con todo o que precisas á man.

Velaquí todas as mesas para portátiles
Un portátil nun soporte BJÖRKÅSEN beixe, unha alfombra de xute, unha cadeira de brazos con coxíns grises escuros e unha lámpada de lectura branca.
Velaquí todas as mesas para portátiles

Unha cómoda estación de traballo que podes agochar

Unha estación de traballo nos estantes do armario (e con iluminación e almacenaxe). Pódese aproveitar máis o espazo? Abre as cortinas para empezar o día, péchaas cando remates e todo gardado!

Velaquí todos os sistemas de almacenaxe
Estación de traballo no interior dun sistema de almacenaxe BOAXEL branco detrás de cortinas con iluminación e un soporte sentado/de pé.
Velaquí todos os sistemas de almacenaxe

Un recanto creativo nun espazo compartido

Por que non permitir a todo o mundo participar nun espazo colectivo? Un recanto infantil na sala de estar pode ser unha boa idea para estudar e fomentar a creatividade. Ademais, é ben práctica á hora de facer os deberes.

Velaquí todos os escritorios infantís
Un escritorio infantil SMÅGÖRA branco cunha cadeira xiratoria, un carriño negro, un taboleiro de notas con pinzas e debuxos, e unha lámpada de parede.
Velaquí todos os escritorios infantís

Un espazo de traballo para adolescentes e preparado para medrar

Un espazo de traballo estimulante cunha cadeira de escritorio axeitada é importante para render nos estudos e en termos creativos. A comodidade invita a sesións de estudo máis longas e a posibilidade de poder axustar a altura é perfecta para o crecemento dos adolescentes.

Velaquí todas as cadeiras de escritorio para fogar
Cadeira xiratoria ÖRFJÄLL branca e amarela, un escritorio infantil cunha lámpada de mesa, debuxos, lapis e un rolo de papel enriba.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio para fogar