Saltar

Catro ideas fáciles e rápidas para dividir un espazo

Os divisores son un xeito sinxelo de delimitar un espazo de traballo na casa. A túa opción de división só dependerá do que precises: máis estantes para almacenaxe? Máis almacenaxe para a roupa? Ou simplemente unha cortina para separar a zona de dormitorio?

Un portátil sobre unha mesa branca cunha cadeira branca e outra beixe, xunto unha unidade de almacenaxe branca con libros, plantas e almacenaxe.
Un portátil sobre unha mesa branca cunha cadeira branca e outra beixe, xunto unha unidade de almacenaxe branca con libros, plantas e almacenaxe.

Unha parede para almacenaxe extra

Utilizar unha unidade de almacenaxe para dividir espazos ofréceche sitio para solucións de almacenaxe, plantas e obxectos decorativos. Se a queres pechar totalmente, podes engadirlle caixas e minicómodas.

Velaquí a serie KALLAX
Unha mesa MELLTORP branca cunha cadeira branca e outra beixe e unha lámpada de parede negra xunto unha unidade de almacenaxe KALLAX branca.
Velaquí a serie KALLAX

Unha pantalla para concentrarse mellor

Ás veces, unha pantalla é só unha pantalla, pero outras é a mellor maneira de separar espazos para concentrarse á hora de traballar. Escolle materiais lixeiros para abrila e pechala como queiras.

Velaquí todos os divisores de cuartos
Unha mesa branca cunha cadeira branca e outra beixe e unha lámpada de parede SKURUP negra xunto dúas pantallas EILIF en gris e branco.
Velaquí todos os divisores de cuartos

Delimita espazos con roupa

Queres máis sitio para a túa roupa? Quizais un colgadoiro pode ser o mellor xeito de dividir o cuarto. Ademais, así sempre terás a túa roupa á vista cando te esteas vestindo e estará sempre ventilada e ordenada.

Velaquí todos os colgadoiros e guías
Unha mesa MELLTORP branca cunha cadeira ADDE branca e unha cadeira de oficina LÅNGFJÄLL beixe xunto un colgadoiro TURBO negro e unha cama.
Velaquí todos os colgadoiros e guías

Corre a cortina

Unha cortina é un bo xeito de delimitar o espazo de traballo e fará que te sintas máis acuruxado cando esteas na cama. Cando teñas que volver ao choio, só terás que correla.

Velaquí todas as cortinas
Unha mesa branca cunha cadeira branca e outra beixe e unha lámpada de parede negra xunto unhas cortinas DYTÅG azuis e plantas penduradas.
Velaquí todas as cortinas