Saltar

Unha sala de estar pequena cunha zona dedicada ás afeccións

O teu primeiro fogar sempre ten algo especial. Á fin tes o mando! Presentámosche unha pequena sala de estar de estilo moderno que dá prioridade ao persoal e inclúe un recanto para as túas afeccións. Os mobles flexibles, como un escritorio que se expande segundo as túas necesidades, axúdanche a aproveitar o espazo; así, hai oco para a creatividade, o estudo e o teu propio estilo de vida. 

Unha cadeira xiratoria KRYLBO xunto a un escritorio. Na parede de enriba, hai taboleiros perforados SKÅDIS e un reloxo de parede SVARTGÖK.

Un pequeno recuncho de ocio que se adapta a ti

Queres unha zona supercompacta e organizada para os teus proxectos creativos? Que che parece comezar con este escritorio extensible LÄNGDHOPP que se abre para ofrecerche o espazo que precisas? Combínao coa cadeira xiratoria KRYLBO, cun asento que podes regular á altura axeitada. Desata a túa creatividade! 

Iluminación onde fai falla e un cargador que sempre está aí

Esta fina lámpada de escritorio ENSMÄRKE permíteche dirixir a luz a onde a necesites, polo que é ideal para ler ou para as túas afeccións. Ademais, dispón dun porto USB-C para cargar os teus dispositivos dixitais. Aínda que é pequena para ser unha lámpada (algo positivo se tes pouco espazo no escritorio, todo sexa dito), como cargador resulta bastante grande. Así, será máis difícil que os teus compañeiros de piso a "collan prestada". 

Unha man suxeita un móbil conectado por cable a un porto USB-C situado na base dunha lámpada de escritorio ENSMÄRKE.

Iluminación onde fai falla e un cargador que sempre está aí

Esta fina lámpada de escritorio ENSMÄRKE permíteche dirixir a luz a onde a necesites, polo que é ideal para ler ou para as túas afeccións. Ademais, dispón dun porto USB-C para cargar os teus dispositivos dixitais. Aínda que é pequena para ser unha lámpada (algo positivo se tes pouco espazo no escritorio, todo sexa dito), como cargador resulta bastante grande. Así, será máis difícil que os teus compañeiros de piso a "collan prestada". 

Almacenaxe organizada para facilitarche a vida

Sempre é importante dispoñer de almacenaxe que che permita atopalo todo e eliminar a desorde. Canto máis pequena sexa a sala de estar, máis fundamental é. Os estantes IVAR son ideais para gardar caixas e minimobles de caixóns cos que separar e organizar as túas cousas. Ademais, son de piñeiro macizo, polo que podes pintalos para personalizalos ou facer que combinen á perfección coa decoración, como podes ver aquí. 

Non tes moito espazo? Relax!

Ata na sala de estar máis pequena hai sitio para este cómodo sofá de dúas prazas SALTMYRAN, ideal para crear unha zona de desconexión, relaxarte con amizades ou estudar uns intres cos pés erguidos. E se engades versatilidade cunha mesa auxiliar OLSERÖD? Grazas ás súas dúas alturas axustables, serve tanto de mesa de centro como de mesa alta, polo que é perfecta para cear mentres ves a televisión. Ademais, co cargador sen fíos VÄSTMÄRKE poderás cargar o móbil mentres recargas as pilas e escoitas a túa música favorita cos teus auriculares con cable. 

Deseña o teu propio espazo

Mobles flexibles e accesibles, como o escritorio extensible LÄNGDHOPP, o cómodo e compacto sofá SALTMYRAN de dúas prazas, e un sistema de almacenaxe organizada, son a chave para tirarlle o máximo proveito a este pequena sala de estar. Pode que non che sobren o espazo nin os cartos, pero aínda así podes dar prioridade ao que che importa, como este recanto para as túas afeccións, para crear o teu fogar ideal. 

Unha cadeira xiratoria KRYLBO en beixe escuro, xunto a un escritorio extensible LÄNGDHOPP branco, preto dunha fiestra nunha pequena sala de estar.