Saltar

Unha oficina doméstica que non interfire na vida diaria

O segredo dunha oficina doméstica sen estrés? Unha distribución que semelle que forme parte da túa sala de estar. Empeza por un escritorio amplo que sexa fácil de limpar (ademais de bonito), unha cadeira cómoda e ergonómica e moito espazo de almacenaxe ao teu arredor. Así, terás sitio para as actividades do día a día e garantirás que non interfira coas tarefas da túa parella.

Queres que o traballo quede oculto á vista cando remates? Unha cortina nun ton neutro agocha o escritorio para que o teu fogar se vexa tranquilo e ordenado, tanto se traballas sempre alí como se compartes o espazo os días que teletraballas.

Un apartamento cunha oficina doméstica. Hai unha persoa sentada detrás dunha mesa STOCKHOLM e outra nun escritorio MULLSJÖ.

Un escritorio do máis versátil

Traballar dende casa é xenial, pero pode resultar difícil concentrarse. Dispón o espazo da túa oficina doméstica de xeito que favoreza a concentración. O escritorio MULLSJÖ ofrece unha morea de posibilidades para manter organizado o espazo de traballo. O seu módulo adicional ten a altura perfecta para a pantalla e proporciónache máis espazo para gardar o teclado e obxectos pequenos debaixo. O escritorio tamén inclúe un módulo de almacenaxe extraíble para que o coloques onde mellor che veña.

Precisas un lugar para pendurar os auriculares ou ter á man unha chaqueta nas mañás frías? Aproveita o gancho que leva o escritorio. Tampouco te preocupes pola maraña de cables: agóchaos no taboleiro e esquece que existen. Por último, escoitar a túa lista de reprodución favorita no noso novo altofalante podería ser xusto o que precisas para conseguir concentrarte. E nesas xornadas interminables, a cadeira de oficina SMÖRKULL proporciona o apoio perfecto para que poidas seguir un ritmo produtivo e relaxado. Grazas á súa funda lavable, é sinxelo mantela limpa, polo que estará como nova durante anos. Con esta sinxela e eficaz distribución de escritorio de oficina doméstica, non volverás perder a concentración. 

Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador
Un escritorio MULLSJÖ negro cun taboleiro de carballo e un altofalante Bluetooth negro sobre o módulo superior. Diante, hai unha cadeira de oficina SMÖRKULL.
Primeiro plano do módulo superior dun escritorio MULLSJÖ cunha lámpada de traballo SKURUP negra e unha cunca con estampado azul ao lado.
Un módulo de almacenaxe extraíble dun escritorio MULLSJÖ con mostras de cores, unha minicómoda FJÄDERHARV en antracita e unha caixa de documentos.
Un armario IDÅSEN en cor verde escura coas portas pechadas e dous caixóns detrás dunha cadeira de oficina SMÖRKULL en cor gris escura.
Primeiro plano do gancho do lateral dun escritorio MULLSJÖ cuns auriculares pendurando e cables USB perfectamente organizados enriba.
Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador

Todo gardado ao acabar a xornada laboral

Manter separadas a vida laboral e a persoal non só che axuda a centrarte; tamén contribúe a que poidas desconectar polas noites, as fines de semana e os días libres. Cando remates a xornada laboral, garda todo o relacionado co traballo en caixas, carriños e armarios. Xa pasou a fin de semana? Con esta almacenaxe tan ben organizada, volverás poñelo todo en marcha en cuestión de minutos. 

O armario IDÅSEN e o carriño NISSAFORS veñen en cores vivas que achegan enerxía ao teu espazo de traballo, facendo que este recuncho se vexa sempre despexado, organizado e ordenado. Se tes un negocio, utiliza o interior das portas para colgar recibos e documentos importantes, de modo que sempre estean á man para a túa próxima sesión de contabilidade. Aínda que se trate dun espazo compartido, grazas aos armarios e estantes ben delimitados, os teus ficheiros de traballo estarán separados das cousas da túa parella, e así non terás que poñerte a buscar entre moreas de papeis os que precisas.

Dous armarios IDÅSEN en cor verde escura e dous carriños NISSAFORS cun carriño RÅSKOG ao lado que amosan diversas opcións de almacenaxe.
Un armario IDÅSEN cunha porta aberta que amosa caixas de documentos en antracita e un organizador de escritorio KUGGIS en cor beixe agrisada.

Non todas as tarefas precisan un escritorio

Abre as cortinas e mira ao teu arredor. Respira fondo, xanta coa túa parella e, se é posible, sal un rato a que che dea o aire. Que tes un prazo de entrega moi axustado? Aínda que non sexa o mesmo, proba a acender o purificador de aire. Por moita carga de traballo que teñas, é importante que cambies de sitio de cando en vez. 

Por exemplo, podes facer unha reunión no sofá ou preparar unha presentación co soporte para portátil BJÖRKÅSEN para apoialo mellor. Grazas a un práctico carriño, terás os papeis e os petiscos á man. Aí está a graza de teletraballar e, ademais, poderedes organizarvos mellor cando os dous esteades na casa. 

Velaquí todos os soportes para portátil
Un apartamento cun escritorio e unha cadeira de oficina SMÖRKULL ao fondo, un xogo de comedor diante e un sofá de cor gris clara ao lado.
Unha persoa sentada nun sofá de cor gris clara traballando nun soporte para portátil BJÖRKÅSEN beixe cun purificador de aire ao lado.
Velaquí todos os soportes para portátil

No teu fogar, hai sitio para ti e para a túa oficina

Este estudo combina unha oficina doméstica funcional cun cómodo espazo para vivir que funciona as 24 horas.

  • Un espazo de traballo reservado: o escritorio MULLSJÖ é o corazón da túa oficina doméstica, con moito espazo para traballar.
  • A almacenaxe nunca sobra: con armarios, carriños e módulos de almacenaxe extraíbles, poderás manter a túa oficina doméstica ordenada e organizada.
  • Cambio de escenario: unha mesa de comedor e un sofá transfórmanse nun espazo de traballo flexible. Ademais, combinados cun carriño ou un soporte para portátil, convértense na opción perfecta cando precisas afastarte do escritorio ou tes que deixar sitio á túa parella, que tamén traballa dende casa.

Unha persoa bebe café detrás dun escritorio MULLSJÖ con dous armarios IDÅSEN de cor verde escura detrás dela e un reloxo negro na parede.