Saltar

Unha casa preparada para o traballo e bañada de cor

Como integrar a necesidade de traballo híbrido nun ambiente doméstico, xunto coas esixencias prácticas, lúdicas e estéticas da atarefada vida familiar? Dámosche a benvida a unha casa que supera o exame con nota.

Unha habitación luminosa, colorida e espazosa. Un espazo de traballo cunha mesa de pé/sentado GLADHÖJDEN ao longo dunha parede con motivos gráficos.
Unha habitación luminosa, colorida e espazosa. Un espazo de traballo cunha mesa de pé/sentado GLADHÖJDEN ao longo dunha parede con motivos gráficos.

Agora o ves, agora non: o teu espazo de traballo instantáneo

Este escritorio sabe como facer unha entrada espectacular. Cando non se utiliza, é unha sección de parede con cortinas (con moito espazo de almacenamento oculto). Descorre a cortina e terás unha oficina en casa en toda regra, con altura regulable, ergonómica e incluso con estilo.

Velaquí todos os escritorios para traballar de pé
Un espazo de traballo cun escritorio de pé/sentado GLADHÖJDEN xunto a unha parede con motivos gráficos e flanqueado por mobles de caixóns HELMER azuis.
Unha habitación colorida cun espazo de traballo con mobles de caixóns HELMER azuis con rodas e un soporte de pé NILSERIK.
Velaquí todos os escritorios para traballar de pé

Mira como se van eses mobles

Cando a reorganización das habitacións forma parte do teu día a día, as rodas son unha axuda moi valiosa. As cadeiras, os carriños e as mesas teñen rodas, o que facilita moito a organización do espazo nun momento. Ademais, os mobles estilizados achegan moita luminosidade á estancia. Estudar, xogar, traballar, repetir.

Velaquí todas as combinacións de camas altas
Unha sala colorida con cadeiras xiratorias xunto a mesas de traballo, todas con rodas e colocadas sobre unha alfombra SVALLERUP de motivos gráficos.
Velaquí todas as combinacións de camas altas

Espazo para gozar do momento

O corazón desta casa é un espazo para a celebración cotiá. O círculo azul dá un toque lúdico aos estantes da parede e de abaixo. Unha combinación colorida de accesorios, material de entretemento e os teus obxectos favoritos á vista: é unha zona preparada por igual para as tarefas de oficina en casa e a trafega diúrna.

Velaquí todos os estantes KALLAX
Un espazo equipado con bólas de discoteca, con estantes KALLAX cheos de artigos de ocio contra unha parede cun gran círculo azul.
Velaquí todos os estantes KALLAX

Bótalle imaxinación

Tes un recuncho sen aproveitar? Convérteo nunha atracción! Nunha casa atarefada, un espazo apartado non ten por que estar nunha habitación separada. Aquí, unha atractiva mestura de cores e pasatempos, e os teus auriculares persoais, fan que relaxarse sexa unha elección fácil.

Velaquí todos os armarios e estantes EKET en forma de cubo
Un colorido recuncho organizado con múltiples estantes EKET en forma de cubo e taboleiros de notas SKÅDIS, que conte-en libros e diversos obxectos lúdicos.
Velaquí todos os armarios e estantes EKET en forma de cubo

Leva isto contigo

Neste fogar familiar, as actividades que se solapan e incluso compiten entre si son o pan de cada día. Por tanto, todo está pensando na mobilidade. Os espazos adáptanse á actividade, ou disponse dun espazo alternativo. O resultado? Solucións cheas de cor tanto para o xogo como para o traballo híbrido, ou calquera outra actividade.

Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio
Un espazo con paredes artisticamente decoradas. A man dun neno sostén un organizador de escritorio branco VATTENKAR con libros e auriculares.
Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio