Saltar

Un remanso de paz e concentración que se integra á perfección coa sala de estar

Os materiais naturais e os tons terrosos definen o ambiente desta espazosa e luminosa sala de estar, onde un amplo recanto de escritorio fai que a estancia sexa tan versátil como coordinada.

Un can a carón dunha muller que se atopa nun escritorio FRYKSÅS de ratán nunha sala de estar onde tamén hai un carriño, un moble de TV e un armario FRYKSÅS.
Un can a carón dunha muller que se atopa nun escritorio FRYKSÅS de ratán nunha sala de estar onde tamén hai un carriño, un moble de TV e un armario FRYKSÅS.

Un separador de ambientes inclusivo

O lado recuberto de ratán do escritorio FRYKSÅS proporciona a cantidade xusta de intimidade, mais tamén serve de conexión co resto da sala de estar. Máxico, non si? En sintonía cos outros elementos de ratán e madeira clara, é un escritorio de achega tranquilidade a toda a estancia.

Velaquí todos os escritorios para o fogar
Detalle da pantalla envolvente de ratán do escritorio FRYKSÅS colocado nunha sala de estar luminosa cun sofá cama BÅRSLÖV.
Velaquí todos os escritorios para o fogar

Convida os teus amigos a tomar café

Aínda que uses un recanto de escritorio para facer traballos manuais ou papelame, ou para estudar un pouco, tamén é importante poder relaxarte. A proximidade ao resto da sala de estar permíteche desviar a atención cando sexa necesario ou facer unha pausa cos teus.

Velaquí todas as lámpadas de traballo
Unha muller sentada nun escritorio FRYKSÅS de ratán mirando para un can que está deitado nunha alfombra STOCKHOLM de raias en cor óso e negra.
Velaquí todas as lámpadas de traballo

Realza o teu escritorio con estilo

Nun espazo de escritorio reducido, a combinación de tarefas é crucial. Por exemplo, unha lámpada cun cargador integrado ou caixas amontoables que che permitan organizar os accesorios por actividade. Un protector de escritorio de cortiza é ideal para protexer a superficie de bambú á vez que achega un aspecto e unha textura agradables. Cousas dese tipo.

Velaquí todos os organizadores para equipos electrónicos e documentos
Accesorios e caixas HARVMATTA e un protector de escritorio de cortiza SUSIG enriba dun escritorio FRYKSÅS de ratán colocado nunha alfombra STOCKHOLM de raias.
Velaquí todos os organizadores para equipos electrónicos e documentos

Un fermoso aliado

Cando falamos do espazo reducido, o carriño FRYKSÅS é o compañeiro perfecto do escritorio, xa que segue a temática do ratán e ofrece axuda sempre que se precisa.

Velaquí todos os carriños
Un carriño FRYKSÅS de ratán ateigado de accesorios de escritorio sobre unha alfombra STOCKHOLM de raias e a carón dun escritorio FRYKSÅS de ratán.
Velaquí todos os carriños

Tarefas e accesorios presentados de xeito impecable

A atención polos detalles e a fronte de ratán tecida fan que o armario FRYKSÅS destaque pola súa beleza, pero tamén pola súa funcionalidade. Como as portas se abren de par en par, resultarache moi fácil gardar e sacar todo canto queira ter preto do escritorio ou á man.

Velaquí todos os armarios
Un armario FRYKSÅS de ratán cun floreiro con flores enriba e as portas abertas; no seu interior hai diversos accesorios de escritorio ben ordenados.
Velaquí todos os armarios

Amosa as túas cousas bonitas

Aínda que é o grande dabondo como para gardar moreas de cousas, o armario ten a altura axeitada para servir como estante para colocar flores e outros adornos. Úsao para ledicia de todos.

Velaquí todos os floreiros
Arranxos florais en floreiros BEGÄRLIG e CYLINDER colocados na parte superior de bambú do armario FRYKSÅS de ratán.
Velaquí todos os floreiros

Cada cousa no seu lugar

Contar cun espazo para estirar as pernas no canto de atoparte cun moble de caixóns debaixo do escritorio proporciónache unha grata sensación de liberdade. Mais quererás ter os teus accesorios á man. Déixallo ás librarías BILLY; só tes que enchelas de caixas, arquivadores e organizadores, e disporás dunha combinación óptima de almacenaxe aberta e pechada nun chiscar de ollos.

Velaquí todas as librarías e estantes
Librarías BILLY en branco con accesorios de escritorio e adornos, incluídos os candelabros SILVERPÄRON en vermello vivo.
Velaquí todas as librarías e estantes

Á medida de todos

Con distintos usuarios en diferentes momentos, contar cun asento regulable a carón do escritorio é unha gran vantaxe. A cadeira de traballo FJÄLLBERGET é a candidata perfecta para isto, xa que achega flexibilidade e confort, e presenta un estilo e liñas depuradas que se complementan perfectamente.

Velaquí todas as cadeiras de traballo
Un espazo luminoso cunha cadeira de traballo FJÄLLBERGET diante dun escritorio FRYKSÅS de ratán colocado sobre unha alfombra STOCKHOLM en cor óso e negra.
Velaquí todas as cadeiras de traballo

O equilibrio perfecto

De todas as funcións que pode cumprir este escritorio, destaca na máis importante: complementar a estancia no canto de dividila, e faino dun xeito exemplar. A pantalla de ratán convértese nunha superficie decorativa no canto dunha parede divisoria, ao tempo que ofrece a privacidade precisa para as actividades que requiran moita concentración. Misión cumprida, sen lugar a dúbidas.

Velaquí todos os coxíns e fundas
Unha estancia luminosa cun escritorio FRYKSÅS rodeado dun puf FÖRLUNDA vermello e un banco VALTORP, colocados sobre unha alfombra STOCKHOLM.
Velaquí todos os coxíns e fundas

Bótalle unha ollada a estes espazos de traballo domésticos inspiradores