Saltar

Un espazo que fomenta a creatividade

Dámosche a benvida a un espazo de traballo fantástico, un lugar luminoso e organizado preparado para calquera tipo de proxecto creativo. Con almacenaxe intelixente, un escritorio flexible e unha parede multifuncional, podes crear unha oficina doméstica que fomente a túa creatividade.

Unha oficina doméstica cun escritorio branco, unha cadeira xiratoria de cor branca e verde-amarela e un taboleiro perforado branco con materiais para facer traballos manuais.
Unha oficina doméstica cun escritorio branco, unha cadeira xiratoria de cor branca e verde-amarela e un taboleiro perforado branco con materiais para facer traballos manuais.

Un escritorio que se adapta a ti

Traballa con comodidade cun taboleiro que se pode usar recto ou inclinado. É xenial para facer traballos manuais, pintar ou debuxar. E aínda máis: ten espazo para almacenar papel, materiais e ferramentas nos andeis da parte inferior.

Velaquí todos os sistemas de mesas altas
Un taboleiro inclinado branco sobre un cabalete de madeira con pólas secas sobre papel e unha lámpada branca fixada á mesa.
Velaquí todos os sistemas de mesas altas

Comodidade con cor

Con esta cadeira xiratoria con altura regulable poderás sentar comodamente mentres traballas nos teus proxectos. Está dispoñible en diferentes cores, así que poderás elixir a que máis encaixe co teu estilo.

Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar
Unha cadeira xiratoria en branco/Vissle gris claro, un escritorio branco con cabaletes de madeira e dúas cestas brancas con rolos de papel basto.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar

Luz onde a precises

A lámpada fina e flexible pode fixarse ao teu escritorio, a un andel ou á parede. Deste xeito, conseguirás unha boa iluminación sen resplandor para poder centrarte no que esteas a facer.

Velaquí todas as lámpadas de traballo
Unha lámpada de traballo fixada a un taboleiro branco, pinceis e pintura en tubos e frascos.
Velaquí todas as lámpadas de traballo

Unha parede chea de posibilidades

Organiza os teus papeis, pinceis e bolígrafos pendurándoos nun versátil taboleiro perforado que che permite ver todo só cunha ollada. Tamén deixa que todos os materiais formen parte da decoración e que sirvan de inspiración para as túas futuras creacións.

Velaquí a serie SKÅDIS
Un taboleiro perforado branco con organizadores colgados. No seu interior hai pinceis, rotuladores, papel, material de arte, bandexas e moito máis.
Velaquí a serie SKÅDIS

Maximiza o teu espazo na parede

Nunha estancia pequena, é fundamental aproveitar ao máximo o espazo das paredes. Estes armarios proporciónanche espazo de almacenaxe dabondo e poden colocarse na parte superior da parede. Están dispoñibles en estilos diferentes e podes combinalos para darlle o aspecto que ti queiras.

Velaquí o sistema IVAR
Dous armarios de almacenaxe de madeira colgados da parede e outros dous brancos debaixo. Enriba destes últimos, hai un altofalante e un par de cestas.
Velaquí o sistema IVAR