Saltar

Un espazo de traballo que reflicte a túa personalidade

Con moitas ideas para asentos, almacenaxe e outros elementos esenciais para o traballo, este espazo pode axudarte a crear unha área de traballo sen interrupcións onde poidas traballar de xeito eficiente e flexible, e esquecerte do problema da decoración!

Un escritorio sentado/de pé IDÅSEN en negro/gris escuro xunto a un estante no interior dun espazo de traballo doméstico gris escuro con armarios contra as paredes.
Un escritorio sentado/de pé IDÅSEN en negro/gris escuro xunto a un estante no interior dun espazo de traballo doméstico gris escuro con armarios contra as paredes.

Dous escritorios nun

En calquera das súas dúas posicións, con este escritorio sentado/de pé atoparás unha boa posición para traballar. A súa ampla superficie de traballo dáche moito espazo para concentrarte e o enxeñoso sistema de almacenaxe de cables que ten debaixo axúdate a manter o espazo libre e ordenado.

Velaquí todos os escritorios de oficina IDÅSEN
Un escritorio sentado/de pé IDÅSEN negro/gris escuro nun espazo de traballo na casa preto dunha ventá, con fotos en marcos negros nunha parede.
Velaquí todos os escritorios de oficina IDÅSEN

Almacenaxe elegante

Co seu acabado suave e limpo, este armario é toda unha declaración de intencións en calquera espazo. Ten sitio dabondo como para teres sempre o teu espazo de traballo organizado. O seu sistema integrado de bloqueo intelixente axuda a manter as túas cousas seguras cando non estás preto.

Velaquí toda a almacenaxe de oficina e os mobles de caixóns IDÅSEN
Tres armarios IDÅSEN gris escuro contra unha parade cunha planta, unha lámpada e un organizador de escritorio na parte superior. Un dos caixóns inferiores está aberto.
Velaquí toda a almacenaxe de oficina e os mobles de caixóns IDÅSEN

Aproveita a parede para non esqueceres nada

Ten as túas notas, fotografías e ideas á man fixándoas con imáns neste taboleiro de notas magnético. Precisas lembrar horarios ou cousas que teñas que facer? Escríbeas directamente con xiz no taboleiro e crea un efecto interesante xuntando varios.

Velaquí todos os taboleiros de notas
Parte superior de dous armarios IDÅSEN con taboleiros de notas SVENSÅS nunha parede con fotos e algo escrito en xiz.
Velaquí todos os taboleiros de notas

Maximiza o teu espazo

Cando precises ter unha zona separada no teu cuarto, esta unidade de estantes funciona ben como divisor de espazos e como almacenaxe, xa que queda ben desde todos os ángulos. Combínao con mobles a xogo para crear un aspecto elegante e unificado en todo o teu espazo de traballo.

Velaquí o sistema IDÅSEN
Unha unidade de mobles IDÅSEN de cor gris escuro utilizada como divisor nun espazo de traballo doméstico, con caixas de almacenaxe, libros e outros elementos.
Velaquí o sistema IDÅSEN

Senta de xeito activo

Con este soporte sentado/de pé o teu corpo poderá seguir en movemento, mesmo cando sentas para traballar. Ten un mecanismo intelixente que te axuda a manterte en movemento constantemente, fortalecendo así os músculos e a columna vertebral. Terás en todo momento unha postura saudable.

Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar
Un escritorio contra unha parede con fotos en marcos negros, cun soporte sentado/de pé TROLLBERGET negro diante.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar