Saltar

Pequenas ideas de almacenaxe para o teu fogar

Cústache atopar pequenas ideas de almacenaxe para o teu fogar? Nós facémolo por ti. Inspírate nestas ideas prácticas para abordar distintos tipos de desorde, ter un espazo concreto para as túas actividades favoritas e aproveitar os espazos máis inesperados do teu fogar.

Un andel branco con xoguetes e caixas infantís pendurado enriba dun taboleiro perforado SKÅDIS con rolos de papel e rotuladores.
Un andel branco con xoguetes e caixas infantís pendurado enriba dun taboleiro perforado SKÅDIS con rolos de papel e rotuladores.

Aposta polo vertical

Convirte os recantos con formas estrañas que hai enriba das fiestras e portas en espazos de almacenaxe. Opta por caixas e obxectos cheos de estilo para darlle un aspecto máis personalizado. E xa que falamos de obxectos... Por que non presumes dos curiosos obxectos que atopaches na feira creando a túa propia galería na parede?

Unha persoa cunha camisa negra collendo un rolo de papel dun andel que se atopa enriba dunha fiestra.
Un comedor asollado cunha mesa de madeira e cadeiras, e unha parede chea de pratos e cadros con fotos.

Búscalle un oco á túa paixón

Sexa cal sexa o tamaño do teu fogar, sempre hai oco para os teus pasatempos favoritos. Unha esquina sen usar ou mesmo un oco estreito debaixo dun teito inclinado poden converterse nun espazo de traballo e un paraíso da almacenaxe para gardar todos os materiais que precisas para as túas actividades favoritas.

Un dormitorio infantil cun andel con xoguetes e caixas infantís enriba dun taboleiro perforado SKÅDIS con rolos de papel e rotuladores.
Un organizador de escritorio con rotuladores, lapis e unha regra enriba dunha mesa ao carón dunha caixa con fíos de la e téxtiles.
Un cuarto con catro andeis de madeira perfectamente ordenados con diferentes caixas e taboleiros perforados SKÅDIS a cada lado.
Unha sala de lecer asollada co teito inclinado e estruturas TROFAST, caixas de almacenaxe e papel de agasallo.
Unha bandexa de almacenaxe TROFAST gris con compartimentos colocada sobre un rolo de papel para colorear BLÅVINGAD á beira de dous rotuladores.

Garda, cambia de sitio, repite

Ademais de achegar estilo, un carriño tamén é un moble moi práctico para o teu fogar. É ideal para calquera estancia e permite telo todo á man.

Unha bicicleta que se está a reparar nun garaxe. Hai un carriño NISSAFORD negro con ferramentas e panos á beira.
Unha sala de lecer con material artístico nuns andeis e paredes de cor terracota. Hai un carriño RÅGSKOG con moitos rotuladores e cadernos.

Á vista con orgullo

Dálle unha oportunidade á almacenaxe aberta, coa que non só gardarás todas as túas pertenzas, senón que poderás acceder facilmente a elas ao tempo que as integras na decoración para darlle un toque personalizado.

Unha sala de lecer cunha cadeira de brazos VEDBO xunto á un estante KALLAX con fíos de la e téxtiles de diferentes cores.
Unha cesta RISATORP con fíos de la de diferentes cores sobre unha alfombra HJORTSVANG de cor óso a carón dunha mesa de centro negra.

Potencia os pequenos detalles

As túas pertenzas máis pequenas tamén merecen un sitio. Organizar as cousas máis diminutas en caixas transparentes ou pouco profundas é boa idea, xa que deste xeito asegúraste de atopalas sempre que as precises.

Un garaxe con ferramentas e cravos dentro de varios recipientes pendurados dun taboleiro perforado SKÅDIS negro. Hai anacos de madeira sobre un banco de traballo BROR.
Unha caixa KUGGIS cun par de tesoiras e unha caixa de metal xunto a varias plantas en testos sobre un carriño de metal.
Catro organizadores NOJIG de plástico de cor beixe cunha brocha, arame e ferramentas enriba dunha superficie de reixa.
Unha lámpada de traballo LED HÅRTE está a iluminar un escritorio branco con nobelos de la de cor amarela e rosa, e tres caixas GLIS con tapa.
Unha persoa transplantando unha planta; hai un accesorio para caixa SAMLA transparente sobre un banco cunha brocha, soportes para testos e outras ferramentas.

Clasifica, amontoa, almacena

As caixas amontoables sácante dun apuro cando precisas gardar cousas de outras tempadas, ou se queres protexer as túas creacións e pertenzas do po, a sucidade e a humidade. Grazas ao plástico transparente, atoparás facilmente o que buscas sen ter que etiquetar as caixas.

Unha caixa SAMLA con material en po dentro; está enriba dunha máis grande con dous soportes para testos. Hai máis caixas e ferramentas de olaría.
Unha persoa facendo cerámica cun torno de oleiro. Hai caixas SAMLA no banco e amontoadas no chan.

Aproveita o que non usas

Mesmo os fogares máis pequenos ofrecen oportunidades de almacenaxe intelixentes. A parte posterior dunha porta, os recantos con formas estrañas ou o oco debaixo do sofá poden darlle utilidade a un espazo desaproveitado. Podes engadir funcionalidade ata aos lugares máis insospeitados.

Unha persoa cunha camisa de raias está a colgar unha chaqueta nun colgadoiro para porta ENUDDEN a carón dun bolso e unha bolsa de rede.
Unha cesta LUSTIGKURRE entre unha cama e a parede, baixo un andel de parede. Hai un vaso de auga no andel.
Unha persoa vestida de branco saíndo dun cuarto asollado. Hai un bolso e un xersei pendurados dun colgadoiro para porta BÄRFIS.
Un banco STOCKSUND aberto; pódense ver unhas tesoiras, caixas de diferentes tamaños e dous rolos de papel no interior.
Un caixón de cama/mesa de noite FREDVANG sacado de debaixo dun sofá branco á beira dun can que xoga cunha pelota.