Saltar

Ideas para zonas de gaming de todos os orzamentos, tamaños e estilos

Queres levar a túa experiencia de gaming ao seguinte nivel? Tanto se prefires un estilo máis elegante e moderno como un aire máis rústico e acolledor, estes deseños para ambientes de gaming axudaranche a crear o teu espazo definitivo para xogar. Inspírate nestas ideas que mesturan comodidade, funcionalidade e estilo.

Un cuarto de gaming escuro cun espazo de gaming iluminado. Unha persoa, sentada nunha cadeira de gaming, erguendo os brazos en sinal de vitoria.
Un cuarto de gaming escuro cun espazo de gaming iluminado. Unha persoa, sentada nunha cadeira de gaming, erguendo os brazos en sinal de vitoria.

Ilumina e personaliza a túa zona de gaming

O negro sempre foi a cor non oficial do gaming. No canto de supoñer unha limitación, podes aproveitalo. Se combinas a túa mesa de gaming e os accesorios para o ordenador con luces rechamantes e coloridas, obterás un estilo individual e crearás un espectáculo visual que demostrará o teu estilo único.

Un ambiente de gaming escuro con paredes marróns, dúas pantallas nun escritorio de gaming UTESPELARE negro e dúas grilandas luminosas vermellas.
Un ambiente de gaming con dúas pantallas nun escritorio de gaming HUVUDSPELARE. A parede está iluminada en vermello e amarelo detrás das pantallas.
Un anel luminoso LÅNESPELARE alumeando a unha persoa sentada detrás dun escritorio de gaming HUVUDSPELARE suxeitando un dispositivo móbil.
Un ambiente de gaming escuro, iluminado en azul, cunha cadeira de gaming MATCHSPEL sobre un protector de chan e dúas pantallas enriba dun escritorio de gaming.
Unha zona de gaming iluminada con pantallas, un escritorio de gaming UPPSPEL e cables e accesorios en taboleiros perforados UPPSPEL.

Paixón polo gaming e polo estilo

Entusiásmanche as cores atrevidas e os estampados senlleiros? Deixa que o teu espazo de gaming reflicta a túa paixón polo estilo ao escoller un par de detalles clave que falen por ti. Deste xeito, crearás un ambiente alegre e acolledor que reflectirá os teus gustos máis aló do gaming.

Unha zona de oficina e gaming cun escritorio de gaming UTESPELARE, unha cadeira de gaming MATCHSPEL e un armario pintado cun estampado de raias.
Un moble de caixóns IDÅSEN en marrón dourado con rodas e un caixón aberto, onde se gardan cables e accesorios de gaming.

A maxia do gaming, en calquera intre e lugar

Non tes un ambiente que só sexa de gaming? Non hai problema. Transforma calquera cuarto nun paraíso para xogar cunha zona de gaming versátil que se integre facilmente e que poidas gardar nun intre. Xoga en calquera momento e lugar onde che chegue a inspiración.

Unha zona de gaming entre dúas cortinas verdes. Unha parede chea de ilustracións enriba dun escritorio RIDSPÖ con pantallas.
Un escritorio RIDSPÖ e unha cadeira de gaming GRUPPSPEL diante dunhas cortinas de cor verde escura nun cuarto cun chan de madeira escura.

Un espazo de traballo durante o día, unha zona de gaming de noite

Potencia a produtividade e mellora a túa experiencia de gaming cunha zona de traballo e gaming combinada. Pasa sen esforzo do traballo ao xogo nunha zona de gaming elegante e versátil onde maximizar a eficiencia e o entretemento.

Un escritorio de gaming UTESPELARE en gris escuro e unha cadeira de gaming gris no oco dun armario PLATSA grande.
Un cuarto de gaming asollado con paredes grises, chan de madeira e unha cadeira de gaming MATCHSPEL ao carón dun escritorio de gaming HUVUDSPELARE.
Un dormitorio moderno cunha zona de gaming que consta dun escritorio e unha cadeira de gaming HUVUDSPELARE pegados á parede.
Unha oficina doméstica elegante con paredes de cor beixe e chan de madeira. Unha cadeira de gaming JÄRVFÄLLET colocada ao carón dun escritorio con dúas pantallas.
Unha oficina doméstica cun estante BOAXEL. Dúas lámpadas, colocadas tras dúas pantallas, iluminan un cuarto cunha luz azul.

Dálle un aire persoal ao teu paraíso de gaming

Crea un espazo de gaming tan especial coma ti Dálle un toque persoal con pósteres, debuxos e artigos de coleccionista que reflictan a túa paixón polo gaming e os teus personaxes favoritos. Ademais, o escritorio e a cadeira de cor branca serán un harmonioso pano de fondo para que a túa personalidade brille.

Unha tira de iluminación LEDBERG alumeando en tons azul e rosa un cuarto con decoración xuvenil chea de pósteres, libros e xoguetes.