Ideas de estudios para estudantes universitarios que aforran espazo
Durante os anos de universidade, o normal é pasar horas diante do escritorio. Intentaremos que esas sesións de estudio maratonianas resulten un pouco máis divertidas e moito máis organizadas. Unha disposición de escritorio creativa e accesible fornece opcións de almacenaxe para os básicos de estudio e, ademais, dáche a posibilidade de dedicar tempo ás túas paixóns. Axúdache a converter o teu primeiro apartamento nun verdadeiro fogar e, literalmente, deixa espazo para soñar sen dar a sensación de estar ateigado. A fin de contas, na universidade non só se trata de chapar: entendemos que tamén precisas espazo para vivir.

Organiza o teu escritorio para despexar a mente
Este escritorio ALEX e os dous mobles de caixóns a xogo forman o recuncho de estudo perfecto para quen queira ter os artigos de estudo organizados ou mesmo fóra da vista. Un conxunto colorido e elegante con moitas opcións de almacenaxe: caixóns para os básicos, taboleiros de notas para cando chegue a inspiración e andeis para colocar as túas lembranzas. Mesmo o que ves sobre o propio escritorio é unha mostra de organización. Dividímolo en dous: un lado é para estudar e o outro, para obxectos persoais e pasatempos. E non esquezas a importancia da iluminación: coloca unha lámpada de escritorio para estudar polas noites e unha de mesa para crear unha escena acolledora e ver unha película.
Un armario perfecto para o teu cuarto e con espazo para unha minidespensa
Utiliza o espazo que hai á beira do teu escritorio para montar unha pequena despensa, e así non terás que camiñar nas puntas dos pés en pixama para ir comer ou beber algo á cociña de madrugada. Monta o armario IVAR na parede para gardar todo tipo de comida. Este amplo modelo de piñeiro, popular dende hai tempo, tamén ten espazo para pratos e cuncas. Coloca un carriño debaixo para pór cuncos, cubertos e un termo para que os teus tés non se arrefríen. Unha forma sinxela de aforrar espazo e ter os petiscos á man.

Tempo de descanso
Un cuarto estudantil precisa algo máis que un escritorio. A almacenaxe intelixente axuda a organizalo todo e fai que o espazo se vexa máis decorado. A libraría BILLY con portas OXBERG é perfecta para todo, dende documentos importantes ata xogos de mesa e material artístico, con andeis máis arriba para libros e revistas. E para todos os obxectos pequenos que adoitan perderse, podes contar con MOPPE. Escoller solucións de almacenaxe intelixentes e accesibles é unha desas ideas de estudante que aforran espazo da que nunca te arrepentirás. E xa que estás, por que non organizar ese recuncho de videoxogos? O estante SKOMAKARE ofréceche unha gran maneira de lucir as túas pequenas obras de arte ou coleccionables.

Aproveita ata o último metro cadrado
Un soporte para portátil que non só che axuda a facer os deberes, senón que tamén podes utilizalo para ver a túa serie favorita ou como mesa de noite con rodas, xa que fornece almacenaxe e podes movelo facilmente onde queiras. Utiliza os caixóns de debaixo da cama para gardar os téxtiles grandes, como mantas e roupa de cama, e os ganchos sobre a cama, para colgar cousas e que non estean tiradas por aí. Pillas a idea? Nesta distribución, importan o equilibrio e a eficiencia. Ademais, terás máis espazo para estudar e relaxarte sen necesidade de cambiar os mobles de sitio. Un espazo pequeno non ten por que esixir sacrificios.
Un primeiro fogar onde converxen a concentración, a comodidade e o espazo
Neste organizado apartamento de estudante, co seu escritorio coordinado, materiais naturais e moito espazo de almacenaxe, sentiraste como na casa dende o principio, ao mesmo tempo que aproveitas o espazo. A distribución eficiente dá lugar a zonas multifuncionais con espazo tanto para estudar como para relaxarse. Un amplo escritorio ALEX con almacenaxe mantén o espazo de concentración ben organizado para que poidas chapar e gozar das túas afeccións. Ten á man o imprescindible e garda todo o demais na libraría BILLY e o armario IVAR para tirarlle o máximo proveito a cada metro cadrado. E, por último, pero non por iso menos importante, o espazo que hai en fronte do escritorio combina eficiencia coas sensacións agradables dunha "sala de estar" para relaxarse, socializar e recargar as pilas.