Saltar

Aproveita o espazo detrás do sofá e crea un cuarto dentro doutro

Tomas a iniciativa nos proxectos familiares? Aquí descubrirás como crear unha base de operacións para planificar os horarios de toda a familia, levar as contas e gozar das túas afeccións sen renunciar ao tempo en familia. Colocar un escritorio detrás do sofá permíteche crear un cuarto dentro doutro para encargarte das tarefas sen deixar de estar, literalmente, no centro de todo. Ademais, o sofá tamén serve de cama, o que che permite combinar unha sala de estar multifuncional, un dormitorio e un centro de organización nun mesmo lugar.
Un escritorio ROSENTORP branco e unha cadeira xiratoria ROSENTORP detrás dun sofá cama de dúas prazas EKHOLMA nunha sala de estar multiúsos.

Unha xoia nostálxica que loce onde faga falla

A cabeza axustable desta lámpada de escritorio ENSMÄRKE permíteche dirixir a luz a onde a necesites, polo que é ideal para ler ou para as túas afeccións. Inspirada nas clásicas lámpadas de zapateiro de principios do século XX, chega para dar luz ao teu escritorio e ledicia á túa vida.
Unha lámpada de escritorio SJÖMAKT en beixe/cinza enriba dun escritorio ROSENTORP branco, xunto a un lapis e un caderno.

Unha xoia nostálxica que loce onde faga falla

A cabeza axustable desta lámpada de escritorio ENSMÄRKE permíteche dirixir a luz a onde a necesites, polo que é ideal para ler ou para as túas afeccións. Inspirada nas clásicas lámpadas de zapateiro de principios do século XX, chega para dar luz ao teu escritorio e ledicia á túa vida.

Unha combinación clásica para a túa zona de ocio

Este escritorio ROSENTORP de liñas suaves e arredondadas é ideal para gozar das túas afeccións ou para tarefas pouco amenas, como levar as contas, ao mesmo tempo que achega un toque atemporal á decoración. Mesmo dispón dun práctico caixón forrado de feltro. Combina á perfección coa cómoda cadeira xiratoria ROSENTORP de deseño tapizado, pensada para que manteñas unha boa postura. Podes regular a altura do asento para adaptalo ao teu corpo. Ademais, as fundas pódense lavar á máquina, o que facilita a súa limpeza.
Nunha sala de estar, un escritorio ROSENTORP branco e unha cadeira xiratoria ROSENTORP detrás dun sofá, preto dun armario FÄRJKARL en branco óso.

Unha combinación clásica para a túa zona de ocio

Este escritorio ROSENTORP de liñas suaves e arredondadas é ideal para gozar das túas afeccións ou para tarefas pouco amenas, como levar as contas, ao mesmo tempo que achega un toque atemporal á decoración. Mesmo dispón dun práctico caixón forrado de feltro. Combina á perfección coa cómoda cadeira xiratoria ROSENTORP de deseño tapizado, pensada para que manteñas unha boa postura. Podes regular a altura do asento para adaptalo ao teu corpo. Ademais, as fundas pódense lavar á máquina, o que facilita a súa limpeza.

Comodidade durante todo o día para sentar, descansar e durmir

Esperta, que fai un día estupendo! Neste sofá cama de dúas prazas EKHOLMA, poderás sentar, relaxarte e durmir a sono solto. Os coxíns dos asentos levan resortes ensacados, polo que manteñen a forma e a comodidade durante moitos anos. Pasa de sofá a unha ampla cama (e viceversa) nun abrir e cerrar de ollos, e, como as fundas se poden lavar á máquina, é posible manter esa sensación de frescor.

Almacenaxe doada de usar cun estilo atemporal

Estas dúas librarías FÄRJKARL ofrecen moito espazo de almacenaxe, un estilo clásico e detalles encantadores, como as patas torneadas e una guía de latón móbil. Os andeis abertos permítenche ver e coller con facilidade o que procuras. Tamén podes regular a altura de tres dos andeis para adaptalos ao que queiras gardar. Poderías poñer varias caixas, cestas e arquivadores para acabar coa desorde e organizar as facturas ou os materiais das túas afeccións. Tamén che axudan a conseguir un estilo máis persoal.
Dúas librarías FÄRJKARL con libros, arquivadores GÄRDESGÅRD e caixas nos andeis, e iluminación para armarios TVÄRDRAG na parte superior.

Almacenaxe doada de usar cun estilo atemporal

Estas dúas librarías FÄRJKARL ofrecen moito espazo de almacenaxe, un estilo clásico e detalles encantadores, como as patas torneadas e una guía de latón móbil. Os andeis abertos permítenche ver e coller con facilidade o que procuras. Tamén podes regular a altura de tres dos andeis para adaptalos ao que queiras gardar. Poderías poñer varias caixas, cestas e arquivadores para acabar coa desorde e organizar as facturas ou os materiais das túas afeccións. Tamén che axudan a conseguir un estilo máis persoal.

Almacenaxe ben organizada e sempre á túa disposición

Con este moble de caixóns HELMER con rodas, resultarache moi doado ter ordenados e ao alcance da man as túas facturas ou os teus artigos de ocio. Cada caixón inclúe unha rañura para unha etiqueta para atopalo todo sen problemas. Deseñouse para que caiba debaixo da maioría dos escritorios IKEA, e, como ten rodas, podes movelo con comodidade para usalo ou gardalo segundo te conveña.
Unha cadeira xiratoria ROSENTORP e un moble de caixóns HELMER branco con rodas xunto a un escritorio ROSENTORP detrás dun sofá.