Saltar

Sete ideas de almacenamento de zapatos para ter o recibidor en orde

Os zapatos adoitan invadir o recibidor sen caeres na conta. Pero non hai problema, aquí encontrarás varias formas de ter os zapatos en orde no recibidor, empezando por ganchos para pendurar as botas e terminando por solucións prácticas para gardar os produtos para o coidado dos zapatos.

Un recibidor cun colgadoiro con zapateiro en branco, un cesto de ratán con zapatos e un raíl de parede cunha percha para saias cunhas botas penduradas.
Un recibidor cun colgadoiro con zapateiro en branco, un cesto de ratán con zapatos e un raíl de parede cunha percha para saias cunhas botas penduradas.

A solución de almacenamento de zapatos máis elegante

Se o que buscas é unha solución minimalista para crear un ambiente agradable, non hai nada como os zapateiros. Abonda con colocar uns poucos para gardares un bo número de zapatos e ter o recibidor impecable. Ademais, apenas ocupan espazo no chan.

Velaquí todos os zapateiros
Dous zapateiros BISSA brancos con adobíos e unha lámpada de mesa branca na parte superior, un colgadoiro con ganchos con pezas de roupa penduradas e un cesto de ratán.
Velaquí todos os zapateiros

Tres razóns para ter un cesto para zapatos

Un cesto grande é unha solución excelente para gardar zapatillas, chancletas e zapatos dos nenos. En primeiro lugar, acaba coa principal causa da desorde no recibidor. En segundo lugar, deixa máis espazo no resto de zapateiros. E, por último, pero non menos importante, é moi práctico.

Velaquí todos os cestos
Un cesto de ratán SNIDAD con zapatos dentro, no chan do recibidor e debaixo de varias pezas de roupa penduradas.
Velaquí todos os cestos

Garda os zapatos en caixas ata a próxima vez

Gardar os zapatos de tempada ou os zapatos que ocasionalmente te pos en caixas é ideal para non ateigar o recibidor. Estas contan con distintas mallas que permiten que o aire circule e poidas ver o que hai dentro.

Velaquí todos os cestos e caixas de almacenaxe
Dúas caixas para zapatos SKUBB en gris escuro no andel superior dun colgadoiro branco con zapateiro con roupa dobrada e pendurada.
Velaquí todos os cestos e caixas de almacenaxe

Duplica o espazo dos andeis zapateiros

Un andel zapateiro non pode faltar no recibidor, xa que permite ter á man os zapatos que máis utilizas. Se engades estes enxeñosos organizadores, que son como unhas liteiras para zapatos, podes duplicar o espazo de almacenamento e conseguir que os teus zapatos estean en mellor estado.

Velaquí todos os zapateiros e soportes
Zapatos almacenados nun colgadoiro con zapateiro MACKAPÄR branco con organizadores para zapatos MURVEL e cestos de xute colgados.
Velaquí todos os zapateiros e soportes

Máis espazo

Pendurar cestos e recipientes de ganchos e raís permite aproveitar as paredes e liberar espazo no chan. Son ideais para ter á man cordóns que non necesites nese momento, formas, cepillos para zapatos e outros accesorios.

Velaquí todos os cestos
Dous cestos TOLKNING de xute pendurados dun colgadoiro con zapateiro e dous raís de bidueiro de parede con almacenaxe colgante.
Velaquí todos os cestos