Saltar

Ideas sinxelas para o armario do recibidor

Ter un recibidor apracible e organizado non ten por que ser un soño. Se o teu parece un pouco descoidado ou non sabes ben que facer cun espazo tan transitado, sigue lendo! Velaquí tes algúns consellos para que o armario do recibidor che axude a axilizar as entradas e saídas da casa.

Unha mesa redonda e un tallo KYRRE azul nun recibidor, diante dunha combinación de almacenaxe con portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND.
Unha mesa redonda e un tallo KYRRE azul nun recibidor, diante dunha combinación de almacenaxe con portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND.

Agocha o armario detrás dunhas cortinas

Se tes un curruncho sen usar no recibidor, usa unha cortina para crear un armario. Abonda con pór andeis e as barras, e pendurar a cortina dunha guía de xeito que cubra todo o oco dispoñible. É unha maneira elegante e moi sinxela de conseguir un cambio de estilo que, ademais, lle dará un toque acolledor, algo que sempre se agradece.

Velaquí todas as cortinas
Un par de cortinas MOALINA en beixe claro penduradas nun recuncho cheo de solucións de almacenaxe con roupa. Hai catro focos de teito NYMÅNE enriba.
Velaquí todas as cortinas

Crea un armario con porta

Por suposto, sempre podes poñer unha porta para converter un recanto nun armario. Elixe un que mellore o estilo actual ou que lle dea un aire diferente ao recibidor. É o recuncho perfecto para manter agochados os teus artigos de exterior ou para gardar esas pertenzas voluminosas coas que xa non sabes que facer.

Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA
Unha combinación de armario BOAXEL nun recuncho con varios artigos e unha combinación de portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND diante.
Unha mesa DOCKSTA branca redonda cunha lámpada colgante BLÅSVERK enriba, xunto a unhas portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND pechadas.
Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA

Personalízao!

Aínda que o teu recibidor leve directamente á sala de estar, é posible incorporar un armario e dispoñer dun espazo de entrada independente. Escolle unha mestura de almacenaxe aberta e pechada, como o noso sistema PLATSA, que se adapta ao teu espazo e necesidades, para crear unha solución personalizada xunto á porta de entrada. Queres agochar a porta de entrada cando esteas na sala de estar? É outra situación na que unha ou dúas cortinas poden facer maxia.

Velaquí o sistema PLATSA
Un armario aberto PLATSA con portas corredizas xunto a unha porta de entrada; dentro hai pezas de roupa, xoguetes e auriculares. Hai un tallo KYRRE azul preto.
Velaquí o sistema PLATSA

Eleva os armarios ata o teito

Se tes teitos altos e non contas con demasiado espazo no chan, alza a vista. Aproveita ao máximo o espazo vertical coas nosas solucións de almacenaxe versátiles, como o sistema PAX. Axudaranche a ampliar os teus horizontes de almacenaxe e as túas posibilidades á hora de crear espazos prácticos para roupa doutra tempada, como abrigos, u outras pertenzas que só uses de cando en vez.

Velaquí o sistema PAX
Unha porta dun armario PAX en gris escuro aberta; dentro hai roupa e caixas de almacenaxe HEMMAFIXARE e TJENA.
Varios testos CHILISTRÅN pendurados ao carón e armarios PAX montados na parede en fronte, cun espello grande no medio.
Velaquí o sistema PAX

Sempre á vista

A almacenaxe aberta ou transparente é unha boa opción se tes pouco espazo para gardar cousas. Axúdache a manter o lugar despexado e potencia a sensación de amplitude. Podes deixalo todo á vista ou cubrir parcialmente algunhas pertenzas (sen agochalas de todo): elixas o que elixires, ter as cousas á vista permitirache atopalas antes á hora de saír.

Un armario NORDKISA con porta corrediza contra unha parede, con roupa ben dobrada e zapatos nos estantes abertos.

Un espazo pequeno? As posibilidades son enormes!

Se o teu recibidor é pequeno, pero tes espazo baixo as escaleiras, podes optar por unha mestura de mobles de almacenaxe independentes e accesorios de varios tamaños, como o armario PLATSA ou un zapateiro con caixóns, para gozar de numerosas opcións de organización. As caixas de almacenaxe pequenas nos caixóns tamén se converterán nas túas mellores amigas: ofreceranche espazos diminutos onde gardar todo o que tes que coller no último intre antes de saír, como as chaves, as lentes de sol ou as bufandas.

Velaquí todas as cestas e caixas de almacenaxe
Un armario PLATSA branco con 6 portas e 3 caixóns baixo unha escaleira, cunha alfombra VAMDRUP sobre un chan de cadros vermellos.
Un armario PLATSA con 6 portas e 3 caixóns, un deles aberto para amosar os portaobxectos NOJIG do seu interior, onde se gardan lentes de sol e xoguetes pequenos.
Velaquí todas as cestas e caixas de almacenaxe

Un recibidor pequeno é como un armario amplo

Tes un recibidor demasiado pequeno para incorporar un armario? Entón, convérteo nun armario propiamente dito. Consigue varios accesorios de almacenaxe prácticos, como un banco zapateiro, un colgadoiro e un carriño con rodas e aproveita as numerosas posibilidades para gardar os teus artigos de uso diario xusto onde os precisas. Escolle unha cor rechamante e accesorios orixinais para completar o look e crear un espazo acolledor e divertido.

Unha persoa sentada nunha cadeira nun recibidor suxeitando un rolo de pintura antes de erguerse e pintar as paredes de azul.

Buscas máis consellos para mellorar o teu recibidor?