Saltar

Como amoblar un recibidor familiar

Para empezar, separa as cousas que tes que gardar no recibidor. A desorde diaria pode imporse axiña, mais é doado recuperar o control se clasificades as vosas pertenzas e vos asegurades de que todos saiban onde vai cada cousa. Cunha organización práctica e almacenaxe sinxela para todo (incluídos todos os días e estacións do ano), nada nin ninguén perturbará a orde.

Primeiro plano dun colgadoiro RAGGBERG visto desde arriba, con sombreiros e accesorios no andel superior. Debaixo hai roupa pendurada.

Un espazo para as cousas grandes e sucias

Os casos e mochilas son moi necesarios, mais non son precisamente o máis decorativo que hai, e menos se acaban ciscados polo chan. Chegou a hora de solucionar isto! O gran caixón inferior do banco de almacenaxe KALLSÖ está deseñado para almacenalo todo.

Para encontrar espazo para todo o demais, clasifícao e asigna lugares específicos para cada cousa, desde os zapatos e equipos deportivos até as mochilas e os accesorios.

Unha nena pequena de xeonllos, metendo unha mochila no caixón grande dun banco KALLSÖ con almacenaxe.
Un recibidor cun banco RAGGBERG e unha solución de almacenaxe TIGERFINK con compartimentos canda el, chea de cascos, sombreiros e accesorios.

O lugar das botas de auga cando fai sol

A roupa dos días de choiva, os sombreiros dos días de sol, as pezas de tempada e moitas outras cousas que non levamos a diario non teñen por que estar nos ganchos nin no chan do recibidor. Se é así, é porque normalmente non hai outro sitio onde gardalos. Cun armario ben organizado no recibidor, podes agochar todas esas cousas, pero aínda así telas á man no caso de as necesitar.

Primeiro plano do armario PAX GULLABERG, coas portas abertas para deixar ver o interior en perfecta orde, con iluminación, estantes e roupa pendurada debaixo.
Primeiro plano da parte inferior dun armario PAX GULLABERG, cun andel, unha cesta de malla extraíble e andeis para zapatos.

Non deixes que a altura impida que os nenos boten unha man

Se hai ganchos e andeis a diferentes alturas, a estatura non servirá de escusa para non colocar a roupa e o resto das cousas onde corresponde. Utilizar caixas específicas con diferentes estilos ou cores é unha idea perfecta para todo aquilo que non se pode pendurar dun gancho.

O recuncho dun recibidor grande cunha porta e un armario na parte posterior, unha despensa detrás dunha cortina e ganchos na parede.
Un recibidor familiar con almacenaxe RAGGBERG a distintas alturas, todo de madeira de piñeiro natural con detalles pintados de cores vivas.

Toma asento!

Un banco é algo case esencial no recibidor dunha familia, xa que tanto os nenos como as persoas maiores valoran poder sentar para poñer os zapatos. Ademais, estes bancos tamén incorporan almacenaxe para zapatos ou caixas debaixo.

A parede esquerda dun recibidor familiar con bancos e colgadoiros RAGGBERG de piñeiro, con detalles pintados en cores claras.
Unha ringleira de módulos de almacenaxe KALLSÖ en cor cinsenta e de madeira nun recibidor, con zapatos e distintas pezas de roupa ordenadas sobre andeis e nun colgadoiro.

Salta!

Calquera alfombra recolle a terra e grava que non quedou no felpudo. Pero, e se ademais serve para alegrar os vosos días? Podes utilizala tamén para os nenos novos saberen en que orde pór a roupa, por exemplo, poñendo os zapatos no primeiro cadrado, as luvas no segundo, a bufanda... Xa sabes! Independentemente de como a utilices, a alfombra STÄPPSPARV con estampado de mariola debuxará un sorriso en todos os integrantes do teu fogar, a súa idade é o de menos.

O chan dun recibidor coa alfombra STÄPPSPARV cun estampado de mariola. Hai unhas botas e outras cousas esparexidas polos distintos números.

Unha espera divertida

Canto máis grande é a familia, maior é a espera cando chega a hora de saír. É boa idea pór algo no recibidor para os máis pequenos estaren entretidos mentres agardan. Por exemplo, un taboleiro de notas e varios rotuladores, ou unha casiña de bonecas FLISAT que tamén sexa un estante de parede. Nalgunhas estancias podes gardar os lentes de sol e as chaves e outras poden ser o fogar dunha familia diminuta HUSET.

Un recibidor familiar con bancos e colgadoiros RAGGBERG, así como unha casa de bonecas FLISAT na parede para que a espera sexa máis divertida.
Un recuncho creativo cunha parede de azulexos en azul claro, unha mesa e cadeiras de traballo. Na parede hai moitos colgadoiros e enriba destes hai armarios de almacenaxe.

Solucións divertidas a problemas aburridos

Demasiados calcetíns ou luvas molladas detrás da porta? Pon un tendal colgante PRESSA no recibidor para os meses de choiva. Hai colares e xoguetes de can por todas partes? Utiliza un gancho específico para o colar e unha caixa para os xoguetes. Sempre tarde? Pon un reloxo na parede do recibidor. Sempre hai unha solución sinxela e económica para os problemas cotiáns relacionados co recibidor.

Primeiro plano dun colgadoiro RAGGBERG e dun tendal PRESSA con luvas, bufandas e calcetíns a secar no recibidor.

Primeiro plano dunha parede branca cun gancho BÄSTIS negro con forma de traseiro de can. Del pendura a correa dun can.
Curruncho dun recibidor, cun colgadoiro BONDSKÄRET amarelo intenso e un reloxo IKEA PS 1995 azul intenso na parede.