Saltar

Unha entrada rechamante e natural con plantas que destacan

Leva a calma propia da natureza ao interior mediante o uso intelixente das plantas, como estes testos baixo a ventá ou esta planta colgante usada para dividir o espazo. As solucións de almacenaxe oculta en gris escuro e branco manteñen baixo control a desorde, mentres que os elementos naturais, como a madeira, o bambú e o xute, así como as propias plantas, sorprenden a cada paso.

Un recibidor con armarios PAX en gris escuro, unha lámpada de bambú SINNERLIG e zapateiros STÄLL baixo un peitoril con plantas.
Un recibidor con armarios PAX en gris escuro, unha lámpada de bambú SINNERLIG e zapateiros STÄLL baixo un peitoril con plantas.

Un recanto de relax xunto á porta

Transforma a entrada do teu fogar nun santuario cheo de vexetación con cadeiras cómodas de madeira, unha alfombra de ratán e téxtiles en branco e negro. Se pos ganchos nas paredes para pendurar chaquetas e andeis baixos para zapatos e bolsos, todo terá o seu sitio e estará ao teu alcance conforme entres e saias da casa.

Velaquí todos os ganchos e accesorios de almacenaxe de parede
Dúas cadeiras FRÖSET de madeira, sobre unha alfombra STRÖG, rodeadas de plantas. Hai unha gran lámpada de bambú SINNERLIG pendurada do teito.
Velaquí todos os ganchos e accesorios de almacenaxe de parede

Duplica o espazo de almacenaxe dos zapatos

Ao combinar varios zapateiros, creamos unha zona baixo o peitoril grande dabondo como para gardar o calzado de toda a familia. Os elementos naturais, como as plantas e a enorme lámpada de ratán danlle certo vigor a un espazo neutro.

Velaquí todos os zapateiros
Zapateiros STÄLL aliñados na parede baixo unha ventá con moitas plantas. Diante hai unha cadeira FRÖSET cun coxín MAJSMOTT.
Velaquí todos os zapateiros

Divírtete coas plantas

Podes probar algunhas formas peculiares e pouco convencionais de levar a natureza ao teu espazo, como separar ambientes con varios testos colgantes en ringleira. Tamén podes realzar o peitoril cun elegante xogo de cultivo como este, que conta con vasos de diferentes tamaños e unha bandexa de metal.

Velaquí todos os testos e plantas
Detalle de varios testos CHILISTRÅN brancos con plantas colgadas como separador de espazos. Hai plantas iluminadas na ventá de en fronte.
Un peitoril con plantas e un xogo de cultivo VATTENKRASSE con varios escallos. Entra luz pola ventá.
Velaquí todos os testos e plantas

Crea espazo e harmonía

Enche a parede de armarios e engade andeis en diferentes niveis para gardar zapatos e pezas de roupa; despois, incorpora caixas e accesorios para almacenar artigos máis pequenos ou doutras tempadas. Un espello grande na parede fai que o espazo pareza máis grande, mentres que os focos manteñen a zona iluminada e transmiten sensación de amplitude.

Velaquí todos os sistemas PAX
As portas de varios armarios PAX en gris escuro están abertas; dentro, gárdanse pezas de roupa, soportes para testos e caixas de almacenaxe HEMMAFIXARE e TJENA.
Varios testos CHILISTRÅN pendurados ao carón e armarios PAX montados na parede de en fronte, cun espello grande no medio.
Velaquí todos os sistemas PAX

Mantén as cousas pequenas baixo control

Para manter o teu espazo ordenado facilmente, engade accesorios e caixas dentro dos caixóns. Se gardas as cousas máis pequenas, como as chaves ou a carteira, nun lugar específico, aforrarás moito tempo cando chegue a hora de saír pola porta.

Velaquí todos os organizadores de roupa
Un caixón aberto dun armario PAX; dentro hai varias caixas KOMPLEMENT con carteiras, bolsiñas e chaves.
Velaquí todos os organizadores de roupa

Estombállate e descansa

O recibidor non ten por que ser un caos. Se engades plantas que transmitan paz, cadeiras cómodas con téxtiles rechamantes e moito espazo de almacenaxe, crearás unha zona ordenada e relaxada onde acomodarte tranquilamente mentres esperas ao resto da familia.

Velaquí todas as cadeiras de comedor
Dúas cadeiras FRÖSET con coxíns MAJSMOTT sobre unha alfombra STRÖG. De fondo hai varios armarios PAX en gris escuro.
Velaquí todas as cadeiras de comedor