Saltar

Un recibidor moderno, vistoso, económico e sen tradear!

Por moito que queiras facer grandes cambios no recibidor, se estás de aluguer, pode que as túas opcións estean algo limitadas. Se é así, queres saber como personalizar o teu fogar dunha maneira divertida e acolledora, sen facer buracos nas paredes e sen gastar unha fortuna? Velaquí un recibidor escandinavo sinxelo cunha dose extra de enerxía.

Un recibidor azul cun colgadoiro EKRAR no centro cunha chaqueta e unha gorra de béisbol, a carón dun carriño NISSAFORS branco.
Un recibidor azul cun colgadoiro EKRAR no centro cunha chaqueta e unha gorra de béisbol, a carón dun carriño NISSAFORS branco.

Un recibidor novo ao instante

Cámbiate de roupa e saca a brocha. Se lle das unha capa de pintura ao recibidor e lle engades varios mobles e accesorios coidadosamente elixidos, non che resultará difícil marcar o ton do resto da casa. Explicámosche como o fixemos nós.

Unha persoa sentada nunha cadeira nun recibidor suxeitando un rolo para pintar antes de erguerse e pintar as paredes de azul.

Pon o tempo do teu lado.

Este vistoso reloxo, que semella un antigo reloxo sueco de Mora, agocha un segredo. Trátase dun práctico armario no que podes gardar as chaves para non perder o tempo buscándoas antes de saír da casa. A cor azul intensa de marcado estilo escandinavo non deixará a ninguén indiferente en calquera recuncho da casa onde o coloques.

Velaquí todos os reloxos
Un reloxo IKEA PS 1995 azul lixeiramente aberto e un par de chaves ao lado sobre un andel azul na parede.
Velaquí todos os reloxos

Pon orde ao caos do calzado

Sen ningún sitio onde gardalos, os zapatos poden amorearse e desordenar un recibidor pequeno. Para evitalo, faite con este zapateiro MACKAPÄR. Ademais de ser o lugar perfecto para deixar o calzado, tamén pode usarse como un práctico estante. Para completar o recibidor, engade unha lámpada pequena e un espello para darlle luz e profundidade (e poder botarte unha última ollada antes de saír).

Velaquí todos os bancos con almacenamento
Un zapateiro MACKAPÄR branco cunha lámpada de mesa BLÅSVERK en azul e branco enriba e unha morea de libros.
Velaquí todos os bancos con almacenamento

Un carriño con cousas para levar

Colocar un carriño no recibidor darache un espazo para todas as cousas pequenas que tes que coller antes de saír. As caixas de almacenamento compactas permiten dividir o espazo para que os paraugas, as lentes de sol e as luvas non se mesturen. Opta pola paleta de cores clásica en branco e azul, e elixe diferentes tons de azul para crear un ambiente inspirador.

Velaquí todos os carriños
Un carriño NISSAFORS branco con caixas DRÖNA en azul e gris no estante do centro e unha caixa KUGGIS branca no estante inferior.
Velaquí todos os carriños

Un recibidor pequeno para unha entrada por todo o alto

Un toque de pintura e varios artigos en cores a xogo transformaron este pequeno espazo nun recibidor acolledor e divertido de estilo escandinavo. O azul intenso combínase con algúns mobles brancos para crear un ambiente fresco e animado que che fará sorrir cada vez que entres ou saias (e aos teus invitados, tamén). Que é mellor que todo isto? Que cando chegue o momento de mudarte, poderás levar o recibidor contigo.

Un recibidor azul cun colgadoiro EKRAR no centro e un carriño NISSAFORS branco e un reloxo IKEA PS 1995 nun lado.