Un recibidor estreito, apto para todas as xeracións e cheo de vida
Tres xeracións. Un recibidor estreito. Debe facerlles fronte a todas as idas e vidas, e tamén a unha chea de abrigos e zapatos. Como é posible, pois, que este recibidor teña tan bo aspecto case sen esforzo? O segredo está nas solucións de almacenaxe intelixente, que son inclusivas e facilitan as rutinas diarias de todas as persoas. Deste xeito, créase un espazo accesible e funcional, preparado para recibir ou despedir a familia nun abrir e cerrar de ollos.

Gústanche os zapatos? Entón, encantaranche os zapateiros!
Cando tes moitos zapatos, organizalos é a chave para que o recibidor non sexa un caos. Para empezar, recomendámosche o zapateiro GULLABERG, que conta cun deseño compacto no que caben oito pares de zapatos sen que estean apertados. Ademais, podes colocar debaixo unha bandexa para zapateiro BAGGMUCK, que che permitirá ter sempre á man os teus favoritos. Acompáñaos dun puf TOLKNING con almacenaxe para poder sentar con comodidade mentres te engalanas para a túa próxima aventura.
Acabáronse as présas durante a rutina
Imaxina que este recibidor é un lugar que che facilita as rutinas diarias. Utiliza un carriño RÅSKOG para prepararte onde máis che conveña e comprobar a túa aparencia no espello do recibidor; así, poderás esquecer o espello do baño. Os andeis que sobren do carriño poden empregarse para ter á túa disposición as cousas que utilices nas túas actividades ao aire libre ou os artigos esenciais do día a día. Remata o espazo cun taboleiro de notas con invitacións, lembranzas, enfeites e pequenos accesorios que acheguen un toque de fogar.
Sube o listón da almacenaxe
Se precisas máis espazo para zapatos, bolsas, roupa de tempada e accesorios, mira arriba. Os andeis elevados axudan a que todas estas cousas non estorben, e sempre poderás acceder a elas cun tallo con chanzos BEKVÄM. Organiza os teus zapatos en caixas de almacenaxe SKUBB para que non collan po. E que conste que os andeis elevados non son o límite! Unha barra pendurada na parte superior dunha parede é outro xeito incrible de que os abrigos e as chaquetas non estean no medio, pero sen que nos esquezamos deles.
O mellor amigo do teu recibidor
Ao noso sistema de armarios PAX encántalle axudar con calquera cousa relacionada coa almacenaxe, sobre todo en espazos concorridos. Abre as portas deste armario compacto e válido para recibidores, e atoparás unha gran variedade de accesorios de almacenaxe interior polifacéticos, como cestos de reixa e andeis para zapatos KOMPLEMENT, para que os teus zapatos e accesorios favoritos estean sempre ao alcance da man. Por fóra, a porta de espello KAMMARTORP iluminará calquera recibidor, sen importar o tamaño que teña.
Unha cálida benvida, con luz e son
Non fai falla gran cousa para transformar o teu recibidor nun espazo que che cause unha boa impresión ao volver ao teu fogar. Comeza con pequenos detalles, como unha lámpada de mesa atenuable nun andel para crear escenas cálidas e acolledoras. Engade unha bandexa pequena onde deixar as chaves e outras cousas útiles para que non se perdan. Para rematar os toques acolledores, inclúe uns altofalantes bluetooth NATTBAD e crea unha banda sonora que reflicta como queres sentirte en todo o teu fogar.

Todo listo para brillar!
Para que as idas e vidas diarias transcorran sen problemas, non hai que fixarse só na almacenaxe, senón tamén en algo indispensable: a iluminación. Tanto se estás a buscar unha chaqueta no armario como se precisas atopar un lapis de labios nun dos andeis, conseguiralo con moita facilidade se o ves todo con claridade. Engade un foco sobre o espello para velo todo mellor mentres te maquillas ou comprobas que todo está ordenado. Este recibidor é apto para todas as xeracións e está repleto de ideas que che axudarán cando o precises, dá igual se entras ou saes, dende as présas matutinas ata as citas nocturnas.