Saltar

Ideas para un recibidor familiar

A pesar de estaren combinados, os módulos KALLSÖ incorporan madeira maciza e cor cinsenta, cun resultado moi práctico no tocante a almacenaxe, ademais de ofreceren un lugar onde sentar. O banco de almacenaxe ten un caixón superior para as cousas pequenas, como as chaves e os lentes de sol, namentres que o caixón inferior é perfecto para bolsas, cascos, material deportivo e outros obxectos voluminosos. O colgadoiro e o banco con zapateiro falan por si mesmos e xuntos cantan a fermosa melodía que aquí chamamos "Benvidos ao voso fogar!"

Unha ringleira de módulos de almacenaxe KALLSÖ en cor cinsenta e de madeira nun recibidor, con zapatos e distintas pezas de roupa ordenadas sobre andeis e nun colgadoiro.

Tradicionalmente intelixente

O colgadoiro KALLSÖ ten todo o que se lle pode pedir a un colgadoiro multifuncional, cos seus ganchos dobres, barra para pendurar a roupa, andel superior... e ademais é do máis elegante que hai! O banco de almacenaxe a xogo ten espazo abondo para gardar todos os obxectos voluminosos que, se non fose por el, acabarían ciscados polo chan, como cascos e mochilas. Sen dúbida, son obxectos imprescindibles, mais non son precisamente decorativos... E por último, mais non por iso menos importante, o banco con zapateiro ofréceche un lugar onde gardar tanto os zapatos da rúa como as pantuflas de andar por casa. 

Primeiro plano de tres colgadoiros KALLSÖ en ringleira, con cestas e un sombreiro no estante superior e roupa pendurada dos ganchos.
Unha nena pequena de xeonllos, metendo unha mochila no caixón grande dun banco KALLSÖ con almacenaxe.

Un chisco do de fóra, mais dentro

Agora imos facer que un anaquiño de natureza te reciba ao chegar a casa, con plantas de todos os tamaños. As máis pequenas seguen medrando no interior dun invernadoiro ÅKERBÄR nun peitoril iluminado pola luz do sol. Alén dos beneficios naturais desas plantas, que nos reciben coas follas abertas, o recibidor é o lugar perfecto para ter plantas, xa que é o primeiro lugar ao que chegan as cousas de fóra. Deixa florecer o teu recibidor 

O curruncho dun recibidor grande, cunha xanela e plantas na parte posterior. Ao longo da parede dereita hai unidades de almacenaxe KALLSÖ.

Non é necesario andar con coidado

Por que conformarse cunha? Cantas máis alfombras mellor protexido estará o chan. Coloca varias alfombras máis pequenas onde máis as necesites, para que poidas quitarlles a sucidade sen ter que mover as máis grandes que hai por debaixo cada vez que as limpes. É moi práctico... e moi visual! 

Velaquí todas as alfombras
Un recibidor grande visto desde arriba, con moitas alfombras pequenas distintas sobre unha alfombra principal.
Velaquí todas as alfombras

O privilexio de ter un metro cadrado máis

Normalmente, un metro cadrado a maiores non supón unha gran diferenza, mais si que se nota cando o aproveitamos para montar unha despensa. Coloca unha robusta IVAR e descubre por que leva máis de 50 anos sendo un sistema de almacenaxe tan popular. Cando te decates terás un lugar onde deixar os obxectos para reciclar, a compra, a comida do can, a axenda de toda a familia ou calquera cousa que queiras agochar detrás dunha cortina elegante. Na parede adxacente, ganchos a distintas alturas coidarán das cousas dos distintos membros da familia. 

Velaquí o sistema IVAR
O recuncho dun recibidor grande cunha porta e un armario na parte posterior, unha despensa detrás dunha cortina e ganchos na parede.
Unha cativa abre a cortina para coller algo da despensa, cunha unidade de almacenaxe IVAR e caldeiros DAMMÄNG para reciclar.
Velaquí o sistema IVAR

Non abras as portas do armario

A menos que teñas que coller algo de dentro, claro. O interior dese armario está personalizado para que poidas gardar todas esas cousas grandes, de tempada ou que xa case non utilices e que, se non fose por el, acabarían ciscadas polo medio do recibidor. Agora están tranquilamente agochadas detrás desas portas, que se suman ao estilo tradicional e sobrio do recibidor. 

Velaquí o sistema PAX
Un recibidor cun armario PAX GULLABERG e unha xanela na parte posterior. Hai cousas por todas partes, mais todas en orde.
Un armario PAX GULLABERG con portas abertas que deixan ver a orde que impera dentro, con andeis, barras e un zapateiro.
Velaquí o sistema PAX