Saltar

Ideas para o recibidor para cativos de todas as idades

Infelizmente, as estancias non medran automaticamente ao mesmo ritmo que os membros da familia, polo que cómpre aproveitar ao máximo todos os espazos. Isto é especialmente importante no recibidor, onde o bule bule é constante. Este recibidor ten almacenaxe práctica, identificada con cores e a distintas alturas para cada membro da familia e que, ademais, aproveita ao máximo cada centímetro. 

Un recibidor angosto con almacenaxe en ambas as paredes, todo de piñeiro macizo, mais con detalles de cores e unha alfombra RAKLEV no chan.

Claro que a idade e a altura importan!

É imposible que os e as máis pequenas da casa penduren os seus abrigos se non son quen tampouco de chegar aos ganchos nin aos colgadoiros. Para solucionar este problema, asegúrate de que cada membro da familia ten un lugar específico onde deixar os seus zapatos, chaquetas e accesorios. Aí é onde entra o banco RAGGBERG con zapateiro e colgadoiro con andel, porque ofrece unha solución para todo e para toda a familia. Están feitos de madeira de piñeiro maciza que, ademais de ser resistente, lles dá un toque natural que poderás pintar ao teu gusto. 

Un recibidor familiar con almacenaxe RAGGBERG a distintas alturas, todo de madeira de piñeiro natural con detalles pintados de cores vivas.
Primeiro plano dun colgadoiro RAGGBERG visto desde arriba, con sombreiros e accesorios no andel superior. Debaixo hai roupa pendurada.

Todo medra

Os colgadoiros RAGGBERG quedan ben na parte do recibidor destinada aos membros da familia máis altos, nunha posición un chisco máis alta na parede. Debaixo están as cómodas RAST a xogo, cun formato compacto ideal para espazos apertados. Estes dous heroes da almacenaxe están feitos de madeira de piñeiro maciza, que se pode pulir, tratar con aceite, lacar, tinguir ou pintar segundo os gustos de cada persoa. Deste xeito tamén se lles dá máis anos de vida, xa que é posible refacer o acabado escollido en calquera momento. 

Recibidor con cómodas RAST de madeira de piñeiro e colgadoiros RAGGBERG con andel enriba. Unha lámpada de cor vermella intensa e un espello.
Primeiro plano dun caixón aberto dunha cómoda RAST con calcetíns e outras cousas gardadas dentro. No chan hai unha alfombra RAKLEV.

Que hora é? Azul intenso!

Non é necesario saber dicir a hora para valorar o reloxo e armario IKEA PS 1995. Divertidos detalles coloridos coma ese ou un colgadoiro BONDSKÄRET iluminarán calquera día, tanto ten que esteas chegando ou saíndo da casa. As súas prestacións son un valor engadido integrado. 

Velaquí todos os reloxos de parede e de mesa
Curruncho dun recibidor, cun colgadoiro BONDSKÄRET amarelo intenso e un reloxo IKEA PS 1995 azul intenso na parede.
Velaquí todos os reloxos de parede e de mesa

Cada parede conta

É difícil imaxinar o proveito que se lle pode sacar a unha parede angosta rodeada de portas. Que desperdicio! Podemos probar a pórlle un zapateiro, adornala ao noso gusto e utilizala para pendurar as chaves ou notas para toda a familia. O zapateiro TRONES só ten 18 cm de profundidade, mais ten espazo para moitos zapatos e a parte posterior actúa como andel onde poderás colocar o que queiras. 

Velaquí todos os zapateiros
Curruncho dun recibidor cun zapateiro TRONES na parede e varias notas con debuxos enriba. Á dereita hai unha porta.
Velaquí todos os zapateiros

Un uso creativo dun curruncho

Calquera persoa diría que ter un escritorio para estudar e debuxar no recibidor vai en contra das normas. Así que rachemos coas normas! Calquera espazo extra ou parede baleira é unha posibilidade para deixar saír o noso lado creativo. Pode que non sexa o esperable dun recibidor, mais seguro que lle dá un toque totalmente novo e divertido. Cos armarios na parede enriba da mesa asegúraste de aproveitar ao máximo cada metro cúbico, non só os metros cadrados. 

Un recuncho creativo cunha parede de azulexos azul intenso, unha mesa e cadeiras de traballo. Na parede hai moitos colgadoiros e enriba destes hai armarios de almacenaxe.

Dálle a benvida ao teu fogar a un recibidor funcional, práctico e divertido para toda a familia!

Non se trata só de idear un recibidor, trátase do momento de chegar a casa. Solucións de almacenaxe específicas para cada membro da familia, detalles coloridos, módulos resistentes e modificables RAST e RAGGBERG e, por suposto, a preciosa parede de azulexos no extremo do recibidor. Todas estas ideas e solucións xuntas agardan por ti para darche a benvida cando chegues a casa. 

Un recibidor longo e angosto con almacenaxe a distintas alturas de ambas as paredes e ao fondo unha parede azul intenso cunha mesa de traballo.