Saltar

Ideas para decorar con flores de papel: Que floreza a creatividade!

Buscas ideas para decorar con flores de papel? Aquí tes algúns consellos xeniais que che axudarán a desatar a túa creatividade, dende ramos para a mesa e enfeites para a parede ou as librarías ata arranxos que indican onde debe sentar cada persoa. Se estás a planear unha celebración ou, simplemente, queres darlle vida ao teu fogar porque si, sigue a ler.

Unha mesa decorada para unha festa con flores artificiais GULDSPETT adheridas a tarxetas que indican onde debe sentar cada persoa.

Un pequeno detalle inspirador

Por que non envías flores de papel nun sobre a modo de invitación para unha festa ou, simplemente, como un detalle bonito para aledar o día de alguén? Cada vez que reutilicen as flores para facer os seus propios enfeites, pensarán en ti. 

As cabezas de varias flores artificiais GULDSPETT asoman por un sobre xunto a unha cunca TOBISFISK enriba dunha mesa.

Un pequeno detalle inspirador

Por que non envías flores de papel nun sobre a modo de invitación para unha festa ou, simplemente, como un detalle bonito para aledar o día de alguén? Cada vez que reutilicen as flores para facer os seus propios enfeites, pensarán en ti. 

Un bodegón floral que aguantará máis aló da primavera

Conseguir un enfeite único e duradeiro para unha libraría ou un aparador é moi sinxelo con flores de papel. Abonda con virar a parte inferior dos talos de aceiro para formar unha base e poñelas nunha bandexa, por exemplo. Que che parecería usar algo divertido e colorido, como esta fonte RÖDSNULTRA? 

Varias flores artificiais GULDSPETT sobre unha colorida fonte RÖDSNULTRA diante dun espello LINDBYN.

Un bodegón floral que aguantará máis aló da primavera

Conseguir un enfeite único e duradeiro para unha libraría ou un aparador é moi sinxelo con flores de papel. Abonda con virar a parte inferior dos talos de aceiro para formar unha base e poñelas nunha bandexa, por exemplo. Que che parecería usar algo divertido e colorido, como esta fonte RÖDSNULTRA? 

Choven flores!

Hai moitas maneiras de crear preciosos arranxos con flores de papel. Poderías pendurar varias cun fío para conseguir un divertido efecto de chuvia de flores. Tamén podes optar polo clásico e poñer algunhas nun vaso: unha idea fantástica chea de posibilidades. Se tes moitas flores de papel e varios vasos favoritos, podes crear distintas combinacións cando che apeteza para darlle un aire fresco á túa decoración. Mesmo unha soa flor nun vaso que a realce suporá un gran cambio.