Ideas de decoración con manualidades para a mesa dunha festa de adolescentes
Preparas unha festa e viríanche ben algunhas ideas decorativas para crear o ambiente axeitado para un grupo de adolescentes? Pois é posible que xa teñas o que precisas na casa. Dende combinar o antigo e o novo para crear orixinais servizos de mesa, ata adornos sinxelos de manualidades, podes acadar resultados incribles cun chisco de creatividade.



- Páxina de información do produto
Ideas de manualidades para pór en marcha a creatividade
Sempre vai ben ter papel para manualidades de cores na casa. É un material moi versátil para realizar adornos, como tarxetas de colocación e grilandas. Dito isto, velaquí tes unha breve guía para montar unha divertida mesa de festa.
- Fai servizos de mesa persoais con vaixela combinada
- Utiliza panos de cociña distintos como panos de mesa
- Colorea pantallas de lámpadas de papel e utilízaas como globos
- Decora con flores artificiais reutilizables
- Remata cos teus propios adornos de manualidades