Saltar

Como elixir as cadeiras de comedor

Elixir as cadeiras de comedor axeitadas supón reparar nun estilo que complemente á túa mesa de comedor, tendo en conta o confort, a facilidade de mantemento durante a súa longa vida útil e o teu orzamento. Mostrámosche como elixir cadeiras de comedor cómodas e elegantes que encaixen co teu fogar.

Unha cadeira STOCKHOLM de carballo e pel cunha peza pendurando do respaldo xunto a unha mesa STOCKHOLM de chapa de carballo e unha alfombra.

Escolle a forma e o deseño que vaian contigo

Queres un respaldo curvado ou recto? Pensa nos materiais, o estilo e a función que mellor se adapten ás túas necesidades. As nosas cadeiras totalmente tapizadas presentan unha cómoda almofada no respaldo e no asento, aínda que algunhas persoas as prefiren só co asento acolchado (unha opción que tamén temos). A forma e o deseño non son só unha cuestión estética: tendo en conta que vas sentar na cadeira moito tempo, elixir unha axeitada para ti é algo importante. Á hora de elixir a cadeira de comedor perfecta, débense sopesar aspectos como o nivel de confort, a aparencia, os materiais, a funcionalidade e a robustez.

Unha cadeira TONSTAD branca xunto a unha mesa TONSTAD branca e unha trona ANTILOP branca.

Goza da comodidade dunha cadeira totalmente tapizada

Gústache comer con estilo e confort? As nosas cadeiras totalmente tapizadas son perfectas para as comidas que se alargan e as sobremesas con familiares e amigos. Unha alternativa máis lixeira e sinxela cun deseño moderno que encaixa coa maioría de estilos de decoración. O asento tapizado distribúe comodamente o peso do corpo e reduce a presión na zona baixa das costas. Grazas ao seu soporte metálico, a cadeira mantense firme, Inclúe unha funda de poliéster suave cun efecto xaspeado de dous tons. É tan cómoda como parece (e o certo é que parece moi cómoda).

Velaquí todas as cadeiras tapizadas
Unha cadeira KRYLBO en Tonerud azul xunto a unha mesa extensible EKEDALEN branca sobre unha alfombra KLASSRUM branca e verde.
Velaquí todas as cadeiras tapizadas

As cadeiras pregables sálvante cando aparecen visitas

Cando precisas un asento máis, unha cadeira pregable é a túa mellor aliada. Ten o respaldo e o asento curvados para ofrecerche a máxima comodidade. De feito, é tan acolledora que se pode usar a diario. Presenta un sinxelo deseño que encaixa en calquera espazo. A cadeira é lixeira e está feita de aceiro con revestimento en po e plástico fácil de limpar. Só tes que pasarlle un trapo, retirala e pregala para que estea lista para a próxima ocasión. Esperemos que as demais cadeiras non se poñan celosas.

Velaquí todas as cadeiras pregables
Unha cadeira pregable VIHALS vermella xunto a unha mesa branca posta con cubertos, un cunco sobre un prato e un vaso.
Velaquí todas as cadeiras pregables

Fai oco na mesa para todos, especialmente para os máis cativos

As cadeiras atópanse dispoñibles en todas as formas e tamaños, como as persoas que sentan nelas. Cunha trona, é máis fácil que os máis pequenos senten na mesa contigo. As nosas tronas están feitas de materiais probados, teñen os bordos elevados para evitar derrames e son fáciles de desmontar para transportalas. Así, o teu pequeno sentará de forma segura na túa casa, na dun amigo ou nunha cafetaría. Gozarás da comida sabendo que o teu fillo tamén goza da súa. Gustaríache que fose tan fácil? Esperemos que esta trona te axude a chegar alí.

Unha trona ANTILOP branca á beira dunha mesa con varios obxectos enriba e xunto a outras cadeiras para adultos.

Sinte a firmeza dunha cadeira dura

Se buscas unha cadeira máis dura, temos unha perfecta para ti. É robusta e apta para todo tipo de actividades ao redor da mesa: desde comer e socializar ata xogar ou facer os deberes. Ademais, podes engadirlle un coxín de cadeira para os invitados que prefiren sentar sobre algo máis brandiño ou, simplemente, para darlle un toque persoal. As nosas cadeiras danlle unha estética artesanal ao teu comedor e son cómodas e robustas, mesmo para os membros máis inquietos da familia.

Un comedor cunha mesa LISABO negra cun prato, unha cuncha e un floreiro, e cadeiras LISABO negras ao redor.

Fai oco na mesa para invitados imprevistos con prácticos tallos

Os tallos nunca fallan: caben mesmo naqueles sitios nos que as cadeiras de comedor resultan demasiado grandes. Os tallos amontoables de 3 patas curvas e asento triangular sácante dun apuro sen ocuparen moito espazo, polo que son ideais para facerlle oco a unha ou dúas persoas máis. Ao ter tres patas, non cambalean, independentemente do estado do chan. Non teñen respaldo, polo que caben en calquera sitio e son fáciles de amontoar cando non os precisas. O teu amigo de tres patas que nunca falla.

Unha persoa amontoando un tallo KYRRE de bidueiro sobre outros tres tallos KYRRE xa amontoados nunha estancia co chan de madeira.