Saltar

Como decorar unha mesa con alegría

Apetéceche descubrir novas formas creativas de decorar a mesa? Colocar a mesa vai alén dos pratos, vasos e cubertos: o importante son os pequenos detalles que tornan o momento nunha ocasión especial. E tamén é unha forma de demostrarlles aos teus convidados o importantes que son. Velaquí che deixamos catros ideas inspiradoras para colocar a mesa. Imos ver unha festa de Nadal en familia, unha festa de aniversario con divertidos enfeites, un agradable brunch e unha cea íntima á luz das candeas. Que comece a festa!

Unha mesa festiva con pratos brancos, vasos POKAL e laranxas e limóns decorativos sobre pratos nunha mesa BERGSHYTTAN.

Unha mesa decorada tranquilamente para pasar as festas en familia

Para a reunión ser aínda máis especial, utiliza unha paleta de cores como guía. Non é necesario que sexa monocromática, mais é mellor non arriscar de máis se o que buscas é conseguir o estilo desta mesa, que ofrece unha fermosa combinación de azuis, beixe e outras tonalidades pastel.

Combina diferentes texturas e estampados para atanguer un mellor resultado. Todo está permitido, sempre que che guste o resultado, xaora. Queda ben un prato de lunares cun mantel de cadros? Pois si.

Despois, aposta polas capas. Abonda con colocar un prato pequeno enriba doutro maior ou colocar un cunco para a ensalada ou outros pratos máis pequenos e crearás unha festa visual, moito antes de servir a comida. Que máis se pode pedir?

Velaquí toda a vaixela
Un comedor luminoso cunha mesa extensible ROSENTORP que se abriu para acomodar cinco cadeiras e unha trona.
Unha mesa extensible ROSENTORP preparada para unha comida festiva con sopa servida en cuncas e empanadillas chinesas sobre unha prata.
Velaquí toda a vaixela

Un prato e un cunco DAGGASTER beixe claro con puntos. No cunco hai sopa con cogomelos, tofu e fideos; á súa beira, un pequeno cunco de aguacates.
Un cunco DAGGASTER beixe claro con puntos colocado sobre un prato, con dous paus sobre o cunco e cubertos ao lado.

Sorprende a alguén especial cunha festa de aniversario creativa.

Nas festas de aniversario, queremos que a mesa estea máis que limpa. Todo debería contribuír a mellorar o ambiente e a que tanto o homenaxeado como os convidados se sintan especiais. Velaquí che explicamos como facelo sen gastar demasiado.

Non é necesario ter un xogo de pratos ostentoso: a sorpresa está nos detalles. Esta mesa ten panos de papel dobrados con formas divertidas e deliciosa froita como adorno (que por ser parte da sobremesa ou non).

Se o que queres é darlle un chisco de cor, utiliza varias flores artificiais e colócaas con coidado, así non necesitarás un floreiro con auga. O seu aspecto seguirá sendo impecable co pasar das horas, aínda que a festa se demore e mesmo poderás volver a utilizalas no seguinte aniversario. 

Un altofalante Bluetooth NATTBAD para escoitar a túa lista de reprodución. Ten tanta cor e é tan alegre que será a estrela da festa, e ten a potencia suficiente para que todos os convidados se boten a cantar. Parabéns!

Velaquí máis flores e plantas artificiais
Unha mesa BERGSHYTTAN con pratos brancos, vasos POKAL e laranxas e limóns decorativos en pratos.
Velaquí máis flores e plantas artificiais

A mesa dun aniversario con pratos brancos e panos de papel amarelos enriba, vasos POKAL e pratos con laranxas e limóns.
Un altofalante Bluetooth NATTBAD amarelo sobre unha mesa decorada en amarelo e laranxa para unha festa.

Unha mesa minimalista con hygge

A expresión danesa "hygge" consiste, en poucas palabras, en baixar o ritmo e afastarse do bulicio cotián para gozar de momentos tranquilos e agradables. Con esta mentalidade, un brunch non é unicamente unha combinación de almorzo e parva: é unha verdadeira experiencia

Imposible deixar pasar un menú delicioso, unha boa compañía e moito tempo para conservar mentres tomas un café con croissants (ou calquera outra cousa que che apeteza), todo isto servido nunha fermosa vaixela. 

Para a túa mesa de almorzo non ter nada que envexar á mesa dun hotel, proba a botar man da sinxeleza gráfica con algúns elementos divertidos. Esta mesa combina pratos de cores, vasos e cuncos sen pretensións: a vaixela É a decoración.

Unha lámpada LED portátil é un elemento de deseño único que dá luz ambiental e fácil de levar de un sitio para outro. Nesta mesa tan acolledora o único risco é que os teus convidados non queiran marchar.

Velaquí máis lámpadas portátiles
Vista superior dunha mesa extensible ÅLHULT en negro/marrón, con cadeiras derredor e pronta para un brunch.
Velaquí máis lámpadas portátiles

Comedor cunha mesa extensible ÅLHULT con catro cadeiras arredor realzada cunha lámpada LED colgante BACKSTÖRN.
Unha cunca con iogur, muesli e arandos a carón dunha cunca de cor lila GLADELIG e unha copa de champán.

Como preparar unha cea agradable baixo a luz das candeas

O segredo dunha festa é facer que todo o mundo se sinta cómodo e relaxado, quer para parolar con persoas que vés de coñecer quer para falar das últimas novidades cos vellos amigos. Hai tres cousas moi importantes á hora de colocar a mesa para crear un ambiente acolledor: téxtiles, cor e luz.

Elixe téxtiles feitos con materiais naturais, como o algodón e o xute. Ademais de decorativo, un mantén tamén serve para protexer o taboleiro e evitar que os pratos e cubertos fagan tanto ruído. Os panos de tea son moito máis alegres cós de papel, polo que representan unha forma económica de decorar a mesa.

Seguinte paso: as cores! Opta por unha paleta neutra, quer en tonalidades claras ou escuras, como beixe claro, verde intenso e negro apagado.

E por último, pero non por iso menos importante, a iluminación! Podes acompañar as luces de teito (a poder ser, regulables) de candeas ou mesmo dunha grilanda luminosa LED. O brillo suave estimula a relaxación e axuda a valorar o tempo xuntos.

Velaquí máis grilandas luminosas
Varias persoas a xogar ás cartas nunha mesa alegre con candelabros, copas de viño e pratos con queixo e galletas salgadas.
Velaquí máis grilandas luminosas

Persoas reunidas arredor dunha mesa de comedor na que hai un prato de queixo e froita fresca, nun espazo acolledor con candeas.
Persoas reunidas arredor dunha mesa de comedor na que hai un prato de queixo e froita fresca, nun espazo acolledor con candeas.

Unha decoración clásica para unha noite agradable

Acompañas as ceas tranquilas e as conversas profundas con estampados atemporais, texturas clásicas e a suave iluminación dunhas candeas. Con estes detalles poderás crear un espazo acolledor no que todos os convidados se sintan como na súa propia casa.